Ponte das Poldras

mapa ficha

Referencia:

050027

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 602798 y: 4660154

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Vilariño das Poldras

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións do territorio

Subtipo:

Ponte

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Popular
Ponte das Poldras

Descrición:

A ponte das Poldras atopábase salvando o río na estrada que vai dende Vilariño a Xinzo de Limia. Foi unha obra romana restaurada en diferentes datas e respetando a traza horizontal e o número primitivo de arcos -contaba con dezaoito- que ata a data da súa destrución aínda conservaba parte da sillería romana.
 
A Vía XVIII pasaba ó sur do núcleo de Vilariño das Poldras e dende ela podería sair unha vía romana secundaria con camiño cara Xinzo de Limia. Para atravesa-lo río  empregábase unha ponte romana que estivo emprazada neste lugar ata o ano 1962. A desecación da lagoa e a posterior posta en marcha da concentración parcelaria levou consigo a desaparición deste ben así como un miliario que estaba ó seu carón. Non se sabe se conservaba algunha inscrición, o que sí se apreciaba no mesmo era unha cruz característica dun fito xurisdiccional. Este miliario xa foi citado no século XVIII Por Don Pedro González de Ulloa -abade de Santa Baia-, do seguinte xeito: "Otra columna esta arrimada a la misma puente (que llaman das  Poldras) esta sí que es columna miliar"".
 
As obras da concentración modificaron totalmente a apariencia do lugar: no emprazamento da ponte romana erixiuse unha de formigón, destruíuse o trazado da vía secundaria debido á concentración e a unhas canteiras de extracción de area, as pedras da antiga ponte foron unhas empregadas para a realización de muros laterais de contención e outras foron trituradas para empregalas como cimentación da estrada. O topónimo de "calzada" aínda existe en varios puntos arredor da antiga ponte romana, na fotografía aérea tamén se pode seguir o seu trazado dende o Campo da Lama (lugar onde apareceron en 1995 tres miliarios).
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32077021.
 
BIBLIOGRAFÍA:
-ALVARADO BLANCO, S., RIVAS FERNÁNDEZ, J. C., VEGA PATO, T.: "La Vía Nova en a Limia", Boletín Auriense,  Anexo 16, Ourense, 1992, pp. 76, 91.
-MARTÍNEZ CARNERO, X. L.: Antela. A memoria asolagada. Vigo, Xerais, 1997. pp. 40-41.

volver a búsqueda