Capelas de Nosa Señora da Luz e San Mateo

mapa ficha

Referencia:

050022

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60138520 y: 466060783

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Vilariño das Poldras

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capelas de Nosa Señora da Luz e San Mateo

Descrición:

A hoxe coñecida capela de Vilariño das Poldras, son en realidade dúas ermidas unidas entre sí. Unhas delas foi fundada polos donos da casa do Penedo e a outra sempre pertenceu ó pobo de Vilariño. A primeira cítase na documentación baixo a advocación da Nosa Señora da Luz e a segunda de San Mateo.
 
A parte que conserva a espadana e o atrio é a relacionada co Pazo que se atopa enfrente do templo, é esta unha construción de perpiaños máis regulares cá outra parte, na cal se mesturan perpiaños irregulares con cachotería. A capela da casa do Penedo sábese pola inscrición que reza na fachada que foi fundada a finais do século XVI por Fernando García: "ESTA CAPILLA FUNDO FERNANDO GARCIA ANO 1592 Y REEDIFICO EL LICENCIADO MARTIN GARCIA ANO 1672". A primeira noticia documental que fala do outro edificio data de 1676, onde aparece citada na visita parroquial do mencionado ano (Libro 35.3.3., fol., 3). No ano 1693 a documentación menciona este templo do seguinte xeito: "Otra ermita adbocacion de San Matheo sita en el lugar de Villarino la qual se visitto y allo en ella una ymagen de nuestra señora en medio del retablo y al lado del evangelio San Matheo y al de la epistola San Miguel y en el retablo un rotulo que dize hizo esta obra fernando garcia a su costa, año de mill y quinientos y noventa y siete.. ..(Libro 35.12.14., fol.36Vº)".
 
As diferentes novas que se van recabando referentes ós edificios vanse extraendo das visitas pastorais. A capela do pazo a pesares de ser fundada xa a finais do século XVI, nos libros parroquiais non apararece mencionada ata mediados do século XVII. No ano 1676 Martín García fundou unha misa de alba, que ata finais do século XIX se veu celebrando na igrexa de San Xoan de Saa tódolos días festivos, pero por un documento do ano 1888 (Libro 35.12.14., fol.,34 - s.f.), díctase que a misa dende esas datas pase a celebrarse na capela da Nosa Señora da Luz.
 
Segundo a documentación, as capelas van pasando ó longo dos anos por momentos de pulo e outros de decadencia. Así en 1709 (Libro 35.3.4., fol., 3)sábese que a capela de San Mateo estaba decente e preparada para o culto, dez anos máis tarde xa estaba maltratada (Libro 35.12.14., fol., 113Vº), en 1736 torna estar con toda decencia (Libro 35.12.14., fol., 154). En 1746, tras a visita do bispo "y aviendo reconocido la indezencia y antigüedad de la Yamagen del Santo mando su merced que se aga otro nuevo(Libro 35.12.14., fol., 180)" .
 
Na visita de 1753 (Libro 35.12.14., s.f.) é a primeira refencia que se atopa á capela do pazo do Penedo; "Visito la hermita de san Matheo sita en el lugar de villarino de las Poldras de esta feligresia que esta unida a la capilla de Nuestra Señora de la Lud y se reconocio hallarse avierta la puerta principal de dicha hermita por faltarla la llabe de que se orijina entrarse dentro los ganados y estar espuesto el sitio sagrado a mucha irreberencia y mediante esta de cargo de los vecinos de dicho lugar su reficion y compostura manda su merced que en  el termino de quince dias pongan llave en dicha puerta y se adorne el altar en el que se coloque la Ymagen de san Matheo que se halla en el de dicha capilla de nuestra señora".
 
A partires de 1766 a cousa cambia, a ermida da Luz entra en decadencia, de feito neste ano a imaxe da Nosa Señora da Luz atopábase no altar da capela de San Mateo (Libro 35.12.12., fol., 21Vº). Na visita parroquial de 1784 (Libro 35.12.12., fol., 50), faise a seguinte descrición: "en quanto a la de san Matheo estta dezente.. ..pero la otra no esta competente, ni tiene mas que las paredes y el techo, sin altar ni efixie, porque la de Nuestra Señora se halla actualmente puestta en el de San Matheo, cuia capilla con un arco y sus rexas esta separada de la otra y aunque ambas estan unidas se sirven por distintas puertas y la de san Matheo cuida y tiene su llave Don Martin Antonio Garcia y la otra perteneze a los vecinos de dicho lugar de Villariño que deven mantenerla".
 
As tornas cambian de novo coa entrada do século XIX, en 1806 (Libro 35.12.12., fol., 90), atopábase a capela do Penedo pasable para poder celebrar o santo sacrificio, non ocurrindo así coa de San Mateo, que mandaba o bispo que se arranxase ou se derribase. Varios anos máis tarde, concretamente en 1832 (Libro 35.3.4., fol., 49), a capela da luz atopouse decente e provista de todo o menester para poder decir misa, sen embargo a de San Mateo seguía en estado de ruina, ordenando de novo o bispo que se nun prazo dun ano non se compoñía que se derribase.
 
A última refencia documental que se atopou ata o momento referente a estas ermidas data de mediados do século XIX (1856), sendo o panorama o mesmo narrado no anterior párrafo (Libro 35.3.4., fol., 65): "asi como la de Nuestra Señora de la Luz propia de la  (casa) del Penedo, y tambien la que alli contigua y en comunicación con la misma tiene el pueblo de Villarino bajo la advocacion de san mateo sintiendo mucho S.S.Y. encontrar esta en deplorable abandono, y por lo tanto, escotó y escita de nuevo, los religiosos sentimientos de aquellos vecinos para que lo mas pronto posible la adecenten cual corresponde y es debido, o que en otro caso se cierre, pues no puede permitirse hacer uso de ella en tal abandono".
 
Non se sabe en que data, pero os mandatos do bispo foron atendidos, de feito o templo pudo sobrevivir ata o día de hoxe. Aínda que as dúas capelas hoxen funcionen como unha única, dende o exterior aínda se visualizan perfectamente os dous edificios. Recoñécese perfectamente o corte entre ambos, ademais como antes se sinalaba o material empregado para a construción tamén é diferente. A Capela de San Mateo presenta pranta rectangular, é de maiores dimensións cá do pazo. Presenta unha porta de entrada arquitrabada polo lado sur. É un edificio modesto.
 
A capela da Nosa Señora da Luz presenta un atrio no lado sur, está apoiado sobre catro piares e cumpre a función de protección para a porta de entrada. Á man dereita da porta é onde se atopa a escritura fundacional da ermida. No lado oeste unha sinxela espadana de arco coroada por unha cruz de pedra.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro 35.3.3
        Libro 35.3.4
        Libro 35.12.14
        Libro 35.12.12
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-3.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda