Pazo do Penedo / Pazo dos Marquina

mapa ficha

Referencia:

050021

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60140706 y: 466063059

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Vilariño das Poldras

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Pazos

Subtipo:

Pazo

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Pazo do Penedo / Pazo dos Marquina

Descrición:

Este edificio de pranta irregular está organizado en torno a uns patios e un xardín. A súa situación sobre un grande penedo pode xustificar o nome da casa. Componse de pranta baixa e primeiro andar.
 
Na construción pódense apreciar dúas partes ben diferenciadas, unha delas que se correspondería coa parte máis antiga e que se dataría cara mediados do século XVI, e unha posterior que encadra máis nas construccións do século XIX. Os materiais cos que se levantan as paredes do edificio diferencian ben as etapas constructivas; a parte máis primitiva levántase a base de cachotería encintada e a máis moderna con sillares de boa labra.
 
A parte con máis riqueza arquitectónica á a máis moderna, a súa pranta debuxa unha forma rectangular. Dúas das súas fachadas quedan libres e outras dúas están adosadas á primitiva construción. Resulta interesante a fachada oeste onde aparece a parte central enmarcada por unhas pilastras pseudodóricas que percorren todo o paramento. Aquí ábrense tres vanos, o do centro é unha porta que sae a un balcón apoiado nunha gran ménsula moldurada e protexido por unha baranda de ferro. Ós lados do balcón dúas fiestras con montante e tornachuvias semicircular. No resto da fachada ábrese varias fiestras e algunha porta máis arquitrabadas pero xa máis sinxelas. Segundo Rivera Rodríguez, esta construción participa da arquitectura popular, proba disto é a falta de armonía no conxunto da fachada pola irregularidade das proporcións.
 
Na fachada Norte conta cun pequeno escudo de armas ó pé dunha fiestra, e na fachada este, na parte que queda libre presenta unha galería sobre piares poligonais.
 
Conserva dous portalóns de entrada, un con acceso ó xardín e o outro con acceso ó patio. Este último é un grande portalón alintelado con porta de madeira de dúas follas. Aparece coroado no centro por unha cruz é ós lados uns elementos decorativos pétreos.
 
Nas proximidades da casa existe unha capela fundada a finais do século XVI, ligada en parte á casa.
 
Na actualidade o pazo é propiedade da familia Marquina. Os Marquina proceden do pazo de Acevedo do Río en Celanova.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:    
-CID RUMBAO, A.: Guía turística de la provincia de Ourense, p.192.
-GARCÍA IGLESIAS, J.M.: Pazos de Galicia, COAG-Xunta de Galicia, 1989, p. 254.
-RIVERA RODRÍGUEZ, M.T.: Los pazos orensanos, ed. Atlántico, A Coruña, 1981, p. 451.
-RIVERA RODRÍGUEZ, M.T.: Pazos ourensanos, Caixanova, Ourense, 2000, p. 308.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-4.
-Ficha del inventario del patrimonio arquitectónico de Interés histórico artístico del Ministerio de Cultura.

volver a búsqueda