Eira e pozo

mapa ficha

Referencia:

050019

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60139543 y: 466076513

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Vilariño das Poldras

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Eira

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Eira e pozo

Descrición:

Eira tradicional de pranta prácticamente cadrada. Foi remodelada nos últimos meses cambiando totalmente o seu aspecto. Na ficha do plameamento asinada no 2007, aínda estaba sen pavimentar pero na actualidade cubriuse de lastra e grava. A eira está rodeada de vivendas tradicionais e construcións auxiliares. Na remodelación tamén se construíu un cobertizo -en total disonancia coa tipoloxía das construccións circundantes- composto por un lenzo de parede feito en pedra labrada e dúas columnas cadradas, estes son os únicos apoios para unha cuberta a unha auga de tella.
 
Nunha beira atópase un pozo cun peitoril cadrado realizado en perpiaños trabados con chaves de ferro.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: CP-7.

volver a búsqueda