Casa reitoral

mapa ficha

Referencia:

050010

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60180369 y: 466242146

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Couso, O

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Reitorais

Subtipo:

Casa Reitoral

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Casa reitoral

Descrición:

Casa reitoral de planta alargada sen unha forma moi definida que consta de planta baixa e primeiro andar. Aprécianse varias fábricas na construción. No extremo dereito da fachada está o portalón de entrada que é alintelado. As paredes están maioritariamente feitas de perpiaños irregulares e nalgúns tramos de cachotería. Presenta un patio interno ó redor do cal se organizan varias dependencias auxiliares. As pedras nalgunhas partes están encintadas con ancho encinte de cor branco e noutras carecen deste elemento.
 
En canto ós vanos, na fachada principal e pranta baixa tan só se aprecian catro bufardas dispostas en posición horizontal. No primeiro andar, no extremo esquerdo unha ampla galería e no resto da fachada cinco fiestras e unha porta de aire. Dúas das fiestras son acristaladas con batente de dous corpos e as outras tres con batente de tres corpos.
 
O edificio atópase en estado de ruína xa que parte do mesmo sufriu un incendio. Os diferentes volumes cóbrense con tella curva, nalgúns xa faltan tramos da mesma.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-1
 

volver a búsqueda