Igrexa parroquial de Santa María

mapa ficha

Referencia:

050008

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60179246 y: 466244540

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Couso, O

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Románico
Igrexa parroquial de Santa María

Descrición:

Estamos ante un edificio románico con engadidos e transformacións posteriores. As primeiras novas que nos transmite a documentación acerca deste templo datan do século XVII. Cara os anos setenta do citado século contratan os feligreses a feitura de dous retablos colaterais para a igrexa (Libro 35.3.3., fol.78 -este libro reitera as mesma numeración en varias ocasións). Coa pintura destes colaterais houbo un altercado; os feligreses encomendáronlla nun primeiro momento a un pintor que tras cobrar unha partida de diñeiro fuxiu sen realizar a obra (Libro 35.3.3., fol.79Vº). Este feito indignou ó bispo Don Diego de Ros Medrano que multou ós feligreses e ó abade cunha cantidade de quinientos reais. Así, parece que a pintura dos retablos debeu quedar suspendida por un certo tempo, xa que non se volta a mencionar ata 1695 (Libro 35.3.3., fol.89), nas contas dese ano aparece plasmado o nome do pintor e a cantidade cobrada polo seu traballo. Correu coa obra Antonio Gomez veciño da "vila de Cayon";  "Primeramente da por datta y descargo quinientos y cinquenta y quatro reales que pago por la pintura de los coleterales del santo christo y nuestra señora del rosario, porque aunque costaron mill y cinquenta y quatro reales con los tres frontales asi hechura dellos como pintura y la sombra a los coleterales adjunta; los quinientos reales se pagaron de cierta multa en que fueron multados el abbad y feligreses por su excelentisima Don Diego Ros de Medrano obispo deste obispado.. ..".
 
Durante moitos anos houbo un gran desorden no libro de contas desta igrexa, así queda reflectido no mesmo en repetidas ocasións. Este feito fai que sexa máis difícil seguir con claridade o proceso das diferentes obras no templo. Entre os folios 162 e 163 do libro 35.3.4., gárdanse unhas cartas de pago referentes á feitura dun altar colateral na honra do Santo Cristo e de San Roque, correu a cargo do mestre canteiro Pedro Fraguas que firma a carta en 1810. Tan só tres anos máis tarde faise o altar pétreo da Nosa Señora do Rosario. A feitura do mesmo correu a cargo do mestre canteiro Don Pedro Fraguas, na cantidade de 320 reais e a pintura foi adxudicada a Antonio Carlos veciño de "Rede Molinos" , cobrando polo seu traballo 1200 reais (Libro 35.3.3., cartas de pago cosidas entre os folios 156 e 157).
 
Na primeira década do século XIX tamén se encarga para o adro da igrexa un osario que probablemente sexa o que campa hoxe ó pé da porta sur. Consérvase a carta de pago emitida polo canteiro que realizou a obra (Libro 35.3.4., cosido entre los folios 158 y 159); "Recivi yo Pedro fraguas Maestro de Canteria la cantidad de trescientos treinta y nueve reales que tubo en todo su coste el osario que hice con mis oficiales en el atrio de la Yglesia de Santa Maria de couso de limia, cuia cantidad entrego Don Jose Luis Garcia Veira actual abad de ella y por verdad lo firmo en la dicha parroquia a 29 de abril año 1817".
 
A finais da segunda década do século XIX, a igrexa de Couso non gozaba da saúde que precisaba para cumprir a súa función. Así en novembro de 1828 o abade escríbelle unha carta ó bispo (Libro 35.3.4., folio cosido entre os fols. 165 e 166) expoñendo a situación do edificio e solicitando a correspondente licencia para poder executar as obras. Nela expón que todo un lado do corpo da igrexa está falseado e que se precisan facer dous arcos no mencionado corpo para poder soster as madeitas do teito. A resposta coa licencia para a petición do abade non se fixo esperar, no mes de decembro xa contaba con ela. Nas contas dese citado ano de 1828 (Libro 35.3.3., fol. 164Vº) aparece recollido o seguinte; "Saque a postura publica la hechura de dos arcos de piedra y el paño en la pared del norte a que concurrieron varios maestros de cantería, quedando rematados en el mas faborable a la yglesia en la cantidad de dos mil reales" . (O mestre canteiro Baltasar Rodríguez foi quen se puxo á fronte da obra, así queda reflexado o seu nome nas cartas de pago conservadas no libro 35.3.4., entre os folios 165 e 166)"Madera conprada para suplir la faltosa al techo de la yglesia en cubrirla, tirantes y pontones ciento ochenta y seis reales" "Por salarios de carpinteros en toda la obra ochocientos setenta y seis reales".
 
En 1830 volvemos atoparnos co mestre canteiro Baltasar Rodríguez traballando ás ordes do abade da igrexa de Couso, así queda reflexado na carta de pago (Libro 35.3.4., cosida entre os fols., 166 e 167) asinada por Baltasar e arquivada no libro de fábrica do templo; "Recivi del Señor Don Jose Garcia Veira abad de esta parroquia de Santa Maria de Couso doscientos reales cantidad en que he ajustado con dicho señor la conposicion de la cerca del atrio de esta yglesia y cruces faltosas del calbario y para su seguro y como maestro en la dicha obra le doy este recibo en couso a veinte de marzo de mil ochocientos treinta". A día de hoxe aínda se conserva algunha das cruces do calvario. Son unhas cruces latinas asentadas en bases cúbicas, presentan sección cadrada coas esquinas mortas. No brazo transversal aparece representada a lua e o sol e no lonxitudinal diversos obxetos relacionados coa paixón (tenaza, escada, cravos etc.).
 
No primeiro tercio do século XIX contrátase co escultor Carlos Failde a feitura duns novos colaterais polo precio de 1200 reais. A carta de pago está asinada polo escultor o 13 de xuño de 1831 (Libro 35.3.4., cosida entre os fols.,166 e 167). Un ano máis tarde asinaba un documento similar o pintor (Libro 35.3.4., fol., cosido entre os fols., 168 e 169) encargado de darlle cor á obra: "Recibi del factual abad, el señor Jose Garcia Veira mil y tres cientos reales que me pagó por uno de los colaterales que pinté, y cuya cantida quedo en pagarseme rematada la obra, y queda debiendoseme igual cantidad se me satisfará según he convenido con dicho señor abad cuando los deudores a la yglesia pagen lo que le deben quedando al cuidado de dicho señor abad apurarlos para su cumplimiento y lo firmo en Santa Maria de couso a siete de julio de 832"
 
Na visita parroquial de 11 de xullo de 1832 (Libro 35.3.4., fol.49) faise unha descripción bastante boa da igrexa: "tiene esta yglesia, ademas del altar maior dedicado en honor de Nuestra Señora en el Misterio de su gloriosa Asuncion, dos colaterales nuevos, que aun no tienen efigies por no haverse concluido su pintura, y quedan dedicados, el de la parte del Evangelio a honra del glorioso san Roque Patrono de la cofradia de este titulo, y el  de la parte del evangelio (hay una errata en uno de los dos debe decir en la parte de la epístola) a la Virgen de los Dolores; y queda otro altar colateral antiguo mas abajo del nuevo de los Dolores por estar fundada en él una capellania colativa con carga de misas, para que puedan decirse en el propio altar; mas el retablo de otro altar viejo que esta a su frente y mas debajo de el nuevo de San Roque queda alli por ahora y mientras no se dispone de él, pues no es necesario, ni conveniente para adorno".
 
Pola visita pastoral de 1856 (Libro 35.3.4., fol.65) manda o bispo executar unha serie de obras no edificio; "como darle la elevacion correspondiente a la sacristia: formar un nuevo artesonado, y siendo posible de cielo raso, en la capilla mayor". Os reparos non se fixeron esperar, de xeito que nas contas da igrexa firmadas o 5 de xuño de 1857 (Libro 35.3.4., fol.68Vº) xa aparecen reflexados; "Ytem da y se le admite en data quinientos veinte y cuatro reales que dio a los canteros por la puerta y elevacion de la sacristia" "Ytem da y se le admite en data trescientos veinte reales que entregó al carpintero que se encargó del techo fayado y puerta de la sacristia".
 
É esta unha igrexa de pranta rectangular na que se diferencian tres volumes: a nave, a capela maior e unha sancristía con menor altura co resto do edificio. A parte máis interesante é a que se corresponde coa nave, onde se conservan os restos románicos. Cabe destacar a portada principal que presenta a cada lado un par de columnas adosadas de fustes lisos sobre basas. Os capiteis están decorados con motivos xeométricos e sobre todo vexetais, entre estes elementos e o arranque dos arcos (lixeiramente apuntados) aparecen unhas impostas con decoración xeométrica en zigzag. Esta mesma decoración, pero tallada por partida dobre preséntase nunha das arquivoltas. Por último unha chambrana ornada cunha ringleira de pequenos arquiños semirecheos. A outra portada é semellante á que se acaba de describir, pero de menor entidade. Nesta ocasión só aparece unha columna a cada lado do van, tamén sobre basa e rematando no seu correspondente capitel. Un deles é liso de todo, o outro presenta decoración vexetal e na parte superior decoración xeométrica en zigzag. Estes últimos motivos vólvense repetir nas impostas e nunha das arquivoltas. Os muros da nave culminan cunha ringleira de canzorros que teñen man da cornixa. Tan só algún representa formas zoomorfas, o resto confórmanse con algún motivo xeométrico tallado neles.
 
A documentación revisada non deixou constancia do momento da realización da capela maior e da espadana. Esta última atópase asentada sobre un basamento, consta dun só corpo con dous arcos xemelgos. Sobre a cornixa descansa un frontón triangular cun novo oco en forma de arco no tímpano. No vértice e nos ángulos dos lados uns motivos decorativos pétreos.
 
Dende a primeira visita pastoral que se conserva desta feligresia que data de 1676 (Libro 35.3.3., fol., 3) vense facendo mención na parroquia a unha ermida baixo a advocación de San Estebo que non chegou ata os nosos días. Non se sabe en que núcleo ou punto concreto da feligresía podía estar ubicada e parece que o seu ocaso se produce a principios do século XIX. Na visita parroquial do ano 1809 (Libro 35.3.4., fol., 40), faise a seguinte referencia da mesma: "Por quanto la Ermita de San Estevan se halla medio arruinada y lejos de poder serbir para promover el culto, esta mas proporcionada para refugio de malhechores manda al teniente cura que quando los feligreses, no den lo bastante para reformarla, asear y ponerla decente dentro del termino de dos meses primeros se demuela; y vendida la piedra se aplique a la fabrica su producto". Esta é a última mención que se atopou do templo na documentación.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-DE JUANA LÓPEZ, J.: A Alta Limia. A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa, Ir Indo Edicións, Vigo, 1993, p.100.
-SAINZ SAIZ, J.: El Románico en Ourense, León, ediciones Lancia, 2008, p.67.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-1.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 35.3.3
        Libro 35.3.4

volver a búsqueda