Cruceiro da ermida de San Bieito de Uceira

mapa ficha

Referencia:

050007

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60136955 y: 466392318

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Cerredelo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Cruceiros

Subtipo:

Cruceiro

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Cruceiro da ermida de San Bieito de Uceira

Descrición:

O cruceiro presenta unha plataforma de tres gradas de sección cadrada, a inferior practicamente soterrada. Sobre un pedestal de base cuadrangular coas aristas superiores rebaixadas descansa outro pedestal cúbico, este último de base máis reducida pero de maior altura. O varal comeza sendo na súa base cadrado logo pasa a ser poligonal e nun pequeno tramo xa ó pé do capitel torna de novo á forma cadrada. Un complexo capitel de volutas e outros elementos decorativos varios deixa paso á cruz. A cruz é latina con paus lisos de sección rectangular, no anverso presenta un crucificado de tres cravos de boa labra. A cabeza ladea moi lixeiramente cara o seu lado dereito e represéntase con longa cabeleira, barbado e con coroa de espiñas. O santeiro dispuxo as mans de Cristo pechadas e tallou o pano de pureza deixando o nó na parte dereita da figura. Enriba da cabeza do crucificado a cartela do INRI. No reverso, sobre peaña, a imaxe da virxe da Soidade cos dedos entrecollidos sobre o peito, vai vestida cunhas roupas longas ata os pés.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de Identificación: ER-2.

volver a búsqueda