Ermida de San Bieito de Uceira

mapa ficha

Referencia:

050006

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60139071 y: 466394485

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Cerredelo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Ermida de San Bieito de Uceira

Descrición:

A primeira referencia documental que se atopou relativa ó santuario da Uceira revela que unha capela na honra do San Bieito xa existía cara mediados do século XVII. No ano 1652 Dona María Pérez de Gándara, veciña da casa do Espido otorga o seu testamento diante do escribán Francisco Fernández (Libro 35.11.13., fol.269), nel deixa recollido que entre outras capelas se digan un número de misas pola súa alma na ermida do San Bieito.
 
No ano 1655 (Libro 35.11.7., fol.98) esta é a breve descrición que se fai do templo; ".. ..la otra vocacion de san venito esta en un hiermo no tiene puertas ni rexas y asi necesita que su Ilustrisima mande que se pongan por quanto los pastores del ganado se ban a dicha hermita y quitan la pintura al glorioso santo".
 
Nas visitas parroquiais dos anos 1669 (Libro 35.11.7., fol.19) e 1670 (Libro 35.11.7., fol.25) aparece citada a ermida pero sen facer referencia ó seu estado de conservación, sen embargo no ano 1694 (Libro 35.11.7., fol.80Vº) xa se indica que o templo reune as condicións oportunas para poder misar nel. Esta mesma opinión aparece recollida nas fontes documentais dos anos 1696 (Libro 35.11.13., fol.225) e 1699 (Libro 35.11.7., fol.229).
 
Coa entrada do século XVIII, as cousas cambian e en 1709 (Libro 35.11.13., fol.231Vº) queda reflexado que a ermida do santuario da Uceira estaba moi indecente. Pola visita parroquial de 1718 (Libro 35.11.13., fol.236Vº) "manda su Ilustrisima que por quanto las hermitas de San Benito y San Miguel estan con notable indesencia se notifique y haga saber para el abbad.. ..la compongan en la forma posible dentro de seis messes". O mandato do bispo non foi cumprido e na seguinte visita pastoral do ano 1721 (Libro 35.11.13., fol.239) vólvese facer fincapé no mesmo propósito. Agora sí que foi oído, así se desprende da visita de 1728 (Libro 35.11.13., fol.240Vº) onde queda reflectido que a ermida foi reedificada como indicara o bispo. De todos os xeitos debeu ser un arranxo provisional, porque pola inscripción que reza nunha das paredes do edificio, parece que o aspecto que hoxe conserva chega a adquirilo a mediados do século XVIII: "HICOSE DE LIMOSNAS DE LOS DEBOTOS DE SAN BENITO AÑO DE 1755".
 
Despois desta remodelación, nas diferentes visitas parroquiais queda constancia que o santuario se conservaba en bo estado para o culto divino: visita 1763 (Libro 35.11.13., fol.8Vº), visita 1769 (Libro 35.11.13., fol.248).
 
Coa entrada do século XIX, no ano 1805 (Libro 35.11.13., fol.251Vº) o bispo manda "retexar la capilla de San Benito a cuia ymagen no permita poner cintas, escapularios y otras alajas mas propias de una tienda que de la yglesia". En 1832 (Libro 35.11.7., fol.257) recóllese nas fontes que "Hay en los terminos de esta feligresia la ermita de San Benito Abad, la que sostiene con el producto de un nabal, y de las limosnas para cuio petitorio se nombre un colector que llaman ermitaño, y tiene su libro de cuentas".
 
Estase a falar dun edificio de pranta rectangular con muros de perpiaños de boa labra. Nun dos seus lados maiores, cara a parte do altar ten adosada a sancristía.
Na sobria fachada ábrense tres vans, o central como porta de acceso ó templo, e a cada lado unha fiestra. A espadana dun só arco remata cunha cruz sobre basamento e uns pináculos a cada lado da mesma. Adornan a fachada nos seus extremos dous pináculos piramidais. Cuberta a dúas augas con tella curva.
 
No conntorno da capela levantáronse unha serie de construcións auxiliares apoiadas en columnas e pilares para acubillo da xente.
 
 
 DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do concello de Sandiás. Clave de identificación: AR-2.
-Ficha do Inventario do Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico do Ministerio de Cultura.
-A.H.D.OU.
        Libro 35.11.13.
        Libro 35.11.7.

volver a búsqueda