Capela de Santo Tomé

mapa ficha

Referencia:

050005

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60052716 y: 466294769

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Cerredelo

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Capela de Santo Tomé

Descrición:

Na parte de arriba do camiño público que pasa diante da fachada da "casa de Vista Real" hai un souto que pertenceu á casona. Neste emprazamento atopábase a capela da casa grande hoxe desaparecida. Segundo unha herdeira ela inda tivo na súa casa os santos que pertenceron á capela durante moito tempo, pero rematou por vendelos a un anticuario. Outra das herdeiras do edificio, unha señora duns 80 anos di: "a miña sogra morreu xa fai máis de trinta anos e morreu maior, ela non  a acordaba pero falaba dela polo que lle contaban os seus pais.".
 
No emprazamento que indican os veciños aínda quedan vestixios de pedras traballadas pertencentes á capela, ademáis sobre o terreo apréciase bastante ben o que podía ser a pranta da construción. Cando se tirou a capela, a pedra foi aproveitada por un veciño para murar unha finca nas inmediacións de onde estaba encravada.
 
A primeira mencion documental desta capela é na visita parroquial de Couso de Limia do ano 1676 (Libro 35.3.3., fol., 3). No ano 1719 (Libro 35.3.4., fol., 15Vº), máis novedades sobre o edificio; "otrosi porquanto doña Agustina Jiron y Buchan juntamente con Don Gonzalo Antonio Henriquez Jiron su hijo tienen debocion de hacer a honrra del glorioso apostol santo thome una hermita a toda costa en el lugar y sitio que les pareciere mas commodo, y romober la que esta; por tanto se les da licencia para que puedan hacerla, y echa bendecirla dicho abad". Non se sabe se a capela antiga ocupaba o mesmo emprazamento da nova que se levanta nestes momentos ou non, o que sí se ten constancia e que as obras se levan a cabo, así se desprende dunha relación de contas da igrexa parroquial de principios do século XVIII (Libro 35.3.3., fol., 93Vº); "La hermita de San thome se desizo a fundamentis y se hizieron las paredes costo la canteria ducientos reales".
 
Cara 1832 a capela xa se atopaba de novo en estrado de ruina, así queda reflexado na visita parroquial do mesmo ano (Libro 35.3.4., fol., 49); "Hay ademas otra de San Tomé en el monte de Cerredelo, que está arruinada, y los vecinos del lugar inmediato quieren trasladar a otro sitio mas cercano al dicho lugar.. ..". Para levar a cabo esta obra de traslado quedaba dada licencia polo bispo a través da visita; "e igualmente proceda a la demolición de la de san tomé, si dentro de un año no la trasladasen los vezinos de cerredelo a la inmediación del lugar, para lo qual les da Su Ilustrisima facultad con intervención de parroco, para que este inspeccione la obra y cuide de que se haga con firmeza ó seguridad y decencia.. ..". O traslado nunca se fixo realidade, e na visita pastoral do ano 1856 a capela xa non é citada, polo que se deduce que xa desaparecera.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
        Libro 35.3.3
        Libro 35.3.4

volver a búsqueda