Casa Grande de Vista Real

mapa ficha

Referencia:

050004

Nomenclator:

3207701

Coord. UTM:

x: 60056452 y: 466288467

Concello:

Sandiás

Parroquia:

COUSO DE LIMIA

Lugar:

Cerredelo

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Grandes

Subtipo:

Casa Grande

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Casa Grande de Vista Real

Descrición:

Os veciños da aldea coñecen o edicifio como a "casa de Vista Real" ou "a casa grande". Hoxe a construcción está profundamente alterada, só vendo o edificio pola parte posterior se poder facer un unha idea do que foi no seu día. Está dividida en cinco familias e á primitiva construcción fóronselle adosando novas vivendas sen ningún tipo de control.
 
Consta de baixo e unha pranta alta, parte das paredes están realizadas en pedra de cachotería e outras partes en perpiaños, uns máis regulares ca outros. Contaba con varios portalóns alintelados, aínda que na actualidade só conserva dous.
 
Se se observa a casona dende a fachada posterior pódese apreciar como a súa pranta debuxaba un "U". No primeiro andar do edificio, un amplio corredor percorría todo o perímetro da construción, estaba apoiado en columnas de pedra, de feito catro delas inda se aprecian tendo man de parte dunha das vivendas anexas. As columnas constan de basa, fuste poligonal e capitel trancopiramidal invertido con varias molduras rectas escalonadas. Nas inmediacións aínda quedan algunhas das basas das columnas que no seu día foron retiradas.
 
Os muros contan cun reducido número de vanos de diferentes tipoloxías que van dende fiestras comúns, ata portas de aire pasando polas típicas bufardas. Destacan dúas chemineas cadradas coroadas cada unha delas en tres pináculos rematados en bolas -a unha fáltalle o pináculo central-. A cuberta dos diferentes volumes que conforman o edificio son variadas e o material empregado tamén, destacando a tella francesa e a tella romana.
 
Segundo información dunha das herdeiras, a propiedade contaba con dous escudos "un cunha coroa real e unha  serea e outro que xa non me acordo"  que foron vendidos no século pasado.
 
No souto próximo á casona que era propiedade da mesma erguíase a capela na honra de Santo Tomé.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do catálogo do planeamento urbanístico do Concello de Sandiás. Clave de identificación: AC-3

volver a búsqueda