Igrexa Parroquial de San Adrao

mapa ficha

Referencia:

040549

Nomenclator:

3206708

Coord. UTM:

x: 594450 y: 4658904

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ZAPEAUS

Lugar:

Zapeaus

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa Parroquial de San Adrao

Descrición:

Igrexa de planta rectangular con presbiterio destacado en altura. Na fachada principal porta alintelada, pináculos nos extremos e espadana de dous corpos. O primeiro corpo de dous arcos flanqueados por pináculos. O segundo corpo de un só arco; como remate, cruz sinxela de pedra.
 
En 1680 construíuse a igrexa na que se realizaron reformas posteriores. O retablo maior de tres rúas fíxose en dous momentos, a parte central é do século XVII, cos dous engadidos de 1772. Das súas imáxes destaca un Santiago peregrino do século XVII e o Ecce Homo que fixo en 1739 Xerónimo Domínguez. Destacan como pezas de ourivería un cáliz, un copón e custodia de Carlos Feijóo y Lizana (De Juana, 1993).  
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el  inventario del mobiliaio litúrgico de la diocesis de Orense.. Fundación Barrié de la Maza. Pontevedra, 1983, p. 222.
-JUANA de, J. , A Alta Limia. (A Terra que medrou vencellada a unha lagoa) .  Ir Indo, Vigo, 1993, pp. 99.

volver a búsqueda