Mota Grande de Monte Albán

mapa ficha

Referencia:

040540

Nomenclator:

3206707

Coord. UTM:

x: 595812 y: 4662048

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

SABARIZ

Lugar:

Sabariz

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Calcolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Mota Grande de Monte Albán

Descrición:

Na estrada de Celanova-Xinzo, cóllese dirección Sabariz e ao chegar a unha curva pechada é preciso desviarse por unha pista. Nun altiplán coñecido como Monte Albán, a uns 500 m. direcctión SO; atopábanse dúas mámoas, excavadas por Cuevillas en 1926, das que actualmente só se conserva a que el chamou "Mota Grande".  É de planta ovalada e de forma troncocónica, de 36 cm no eixo longo e de 26 no pequeno  atópase moi deteriorada. Nas excavacións feitas por López Cuevillas atopouse: un machado feito en pedra blanda, que o imposibilita como util, e unha punta de frecha de cuarzo .
 
A "Mota Pequena", segundo López Cuevillas estaba situada a uns 20 m cara ao O da Mota Grande e nela atopouse: dous machados de cuarzo, unha goiva, unha conca, e unha punta de frecha.
 
 
BILIOGRAFÍA:
- EGUILETA FRANCO, J. Mº., "Catálogo dos materiais ergolóxicos depositados no Museo de Ourense procedentes de túmulos prehistóricos". Boletín Auriense, T.XVI. Ourense, 1987, pp. 42-47.
- LÓPEZ CUEVILLAS, F., "As mámoas do Concello de Rairiz". Boletín de la Real Academia  Gallega, t. XV.  A Coruña, 1925, pp.235-245.
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia (2007). Clave de Identificación. GA32067002.
- Catálogo de bens culturais  do PXOM  de Rairiz de Veiga. Nº de Ficha: X-002

volver a búsqueda