Igrexa Parroquial de San Pedro

mapa ficha

Referencia:

040523

Nomenclator:

3206707

Coord. UTM:

x: 596106 y: 4662839

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

SABARIZ

Lugar:

Sabariz

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa Parroquial de San Pedro

Descrición:

Igrexa de planta rectangular con capela adosada, muros de perpiaño e tellado a tres augas. Nos muros laterais ten dous contrafortes que serven de soporte a un arco de medio punto da única nave da igrexa. Na fachada principal, porta alintelada e flanqueada por pilastras festoneadas. Sobre a porta, fornela con arco de medio punto; e nas esquinais pilastras arquitrabadas. Coroando a fachada espadana de dous corpos. Un corpo inferior de dous arcos e sobre el, un segundo corpo dun só arco con  pirámides  de bolas nas esquinas e remate semicircular con van aberto  e cruz de ferro.
 
A zona do presbiterio correspóndese coa parte máis antiga da igrexa de mediados do século XVIII. A verdadeira igrexa, estivo no lugar chamado "Diestros de San Pedro"  (Libro 35-10-5, folio 159). Unha vez desaparecida, aproveitouse unha capela á que se lle engadiu a nave e a fachada principal.
 
En visita pastoral do ano 1807, mándase que se faga demoler a Ermida de San Pedro, adxudicándose o produto da ermida á Igrexa, porque :"[.. ..] no sirve otra cosa mas que recogerse y abrigarse fieras, gente de malvivir y enrredar los muchachos"  (Libro 35-10-5, folio 111).
 
En 1863, o Mestre Antonio García de Celanova fixo a obra do campanario (Libro, 35-10-5,  folio 172).
 
Para esta igrexa fixo Carlos Feijóo y Lizana o copón, polo que selle pagaron 200 reais e fundiu dous cálices (Libro 35-10-5, folio 116 volto).
 
No libro de fábrica da Parroquia, ano 1778, dase conta da fundación dun Peto de Ánimas no lugar da Pereira por Domingo Fernández Magista. (Libro 35-10-5,  folio 209).
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el inventario del mobiliario  litúrgico de la Diócesis de Orense.  Pontevedra, 1983, p. 222.
-JUANA de, J. , A Alta Limia. (A Terra que medrou vencellada a unha lagoa) .  Ir Indo, Vigo, 1993, pp. 99.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico. Santiago de Compostela, 1979.
-A.H.D.OU.
    Libro de fábrica, 35-10-5.

volver a búsqueda