Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

040496

Nomenclator:

3206706

Coord. UTM:

x: 596475 y: 4659835

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

RAIRIZ DE VEIGA

Lugar:

Rairiz de Veiga

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Edificio de planta rectangular, muros de cachotería e tellado a dúas augas. O vaso do forno ocupa un dos lados menores do edificio e foi rehabilitado, encintándose as xunturas entre os perpiaños e engadíndolle unha saída de fumes. Segue conservando a estrutura clásica dos fornos comunais: borrallleira, nunha esquina da parte baixa; unha pequena boca cadrada que da acceso á capela; lar prolongado en escoal e na parte superior un chapilé sobre canzorros que ten como fin protexer a cuberta dos fumes.
 
Xunto ao vaso do forno aínda conserva o tendal para dar forma a masa. Aínda se segue utilizando o forno para os seus fins orixinais e como lugar de reunión da xuventude do pobo.

volver a búsqueda