Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

040462

Nomenclator:

3206706

Coord. UTM:

x: 595988 y: 4660300

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

RAIRIZ DE VEIGA

Lugar:

Aldea do Muíño

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Edificio de planta rectangular, feito con muros de cachotería asentados en seco e cuberta a dúas augas con saída para fumos. Non se trata dunha planta totalmente exenta, xa que está unida a unha pequena construción destinada a palleiro. Xunto co edificio, foi rehabilitado o vaso do forno, na actualidade máis pequeno co tradicional. Ten borralleira, lar prolongado en ucheira, boca con tapa de ferro, e chapilé para protexer a cuberta das chamas. Á esquerda, en ángulo de 90 º, está situado o tendal (mesa de pedra onde se lle dá masa ao pan). Segundo os veciños non había artesa, porque se amasaba directamente na casa.

volver a búsqueda