A Casa Grande ou Casa da Marquesa

mapa ficha

Referencia:

040460

Nomenclator:

3206705

Coord. UTM:

x: 592825 y: 4658227

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ORDES

Lugar:

Celme

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Grandes

Subtipo:

Casa Grande

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
A Casa Grande ou Casa da Marquesa

Descrición:

Casona totalmente desaparecida, só se conserva o soar. Segundo a descrición do Inventario do Patrimonio Arquitectónico: estaba blasonada, e tiña muros de cachotería na súa maior parte, e de perpiaño nalgunhas zonas. A planta era escuadrada con corredoiras e balcóns que daban a un patio interior ao que se accedía por portadas con arcos rebaixados.
 
No libro de fábrica da parroquia, nunha visita pastoral, aparece a referencia a unha capela con advocación de Ntra. Sra. da Concepción sita na Casa de Celme e con catro capellanías "ad nuttum" (Libro de fábrica, visita pastoral año 1712). Nunha relación das capelas sitas na parroquia, relacionase a existencia de tres capellanías dotadas de cen ducados cada unha, no ano de 1724. A tutora e cuidadora é a poseedora do maiorazgo: Dña. Joaquina Oca y Montenegro. O edificio desta capela foi "removido" do seu lugar orixinal no barrio de Celme e volto a reedificar "El edificio se removió en el lugar de Celme y se construyó de nuevo a la puerta del Palacio de dha. Señora formándose solamente en cuanto a las paredes un buque grande". Aclarase tamén, no documento, que na casa do patrono non se recolle certificación disto nin información das rentas (Libro de cuentas de fábrica, folio 168-168 volto). A finais do século XIX achábase, a capela, en mal estado, na visita pastoral do 4 de outubro do 1896, pídese a "reedificación de tan importante capilla" (Libro de fábrica 1712-1856).
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico. Ministerio de Cultura. Madrid. 1979.
-A.H.D.OU.
     Libro de contas de fábrica, 1667-1902, 35-6-11.
     Libro de fábrica, visitas pastorais, 1712-1856, 35-6-12.

volver a búsqueda