Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

040437

Nomenclator:

3206705

Coord. UTM:

x: 593931 y: 4656453

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ORDES

Lugar:

Penelas

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Edificio de planta rectangular cunha das esquinas achaflanada, muros de cachotería e tellado a dúas augas, cunha vertente máis longa. Está situado na entrada, polo leste ao núcleo e alberga o forno comunal. O vaso ocupa un dos lados menores da edificacion: na parte baixa ten a borralleira, sobre ela lar destacado, formando a ucheira ou escoal, a boca con tapa de ferro, e protexendo o teito de madeira unha bufareira sobre canzorros. En ángulo de 90 º, en relación co vaso do forno, ten o tendal de pedra.

volver a búsqueda