Canastros da Aira da Fonte

mapa ficha

Referencia:

040419

Nomenclator:

3206705

Coord. UTM:

x: 593834 y: 4656473

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ORDES

Lugar:

Penelas

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastros da Aira da Fonte

Descrición:

Aira no noroeste do núcleo, coñecida como "da fonte" . Existía un grupo de canastros de  madeira dos que só se conservan en pé tres, o  peor conservado, situado ao pé dunha casa unifamiliar, apoia unha cámara de madeira, a que lle faltan a metade dos balaústres, en esteos cun só tornarratos lonxitudinal para cada dous. Frente a este canastro, conservanse outros dous, en mellor estado, de madeira sobre esteos. O situado máis ao sur, asenta  un penal sobre soleira alta, co fin de salvar o desnivel do terreo. A base formana dous pares de esteos con cada súa pedra lonxitudinal que lles serve de tornarratos, sobre ela, cámara de balaústres verticais cunha soa faixa horizontal de reforzo. Ten unha soa porta nun dos penais e conserva parte da policromía en vermello. Por último, paralelo a este consérvase un terceiro canastro de madeira, lixeiramente máis grande co anterior, con tres pares de esteos, cada un co seu tornarratos circular, nos que apoia unha  
cámara coa grade convada hacia o interior, cos balaústres verticais, dúas faixas en igual sentido e cunha terceira en posición vertical. Tiña porta nos dous penais.

volver a búsqueda