Casa dos Gayón

mapa ficha

Referencia:

040409

Nomenclator:

3206705

Coord. UTM:

x: 594596 y: 4656976

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ORDES

Lugar:

Peaguda

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Grandes

Subtipo:

Casa Grande

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Casa dos Gayón

Descrición:

Casona de planta rectangular con muros de perpiaño irregular e tellado a tres augas. Na fachada suroeste ten acceso ao segundo andar mediante patín, cuberto polo voo do tellado. Na fachada principal: portalón de entrada que da acceso ao primeiro andar, flanqueado por dous pequenas bufardas. No segundo andar: balcón sobre canzorros de boa labra, formados por dous perpiaños, combinando diferentes molduras: cuarto bocel, listel e caveto,  A dereita do balcón, escudo de armas lambrequinado e acuartelado en cruz. No 1º cuartel: ave rapaz sobre castelo; 2º cuartel: espada, acostada de seis bezantes en pal, tres en cada flanco; 3º cuartel: pombas afrontadas picando nun saleiro ; 4º cuartel: arbores arrincados en pal. O primeiro e segundo cuartel poderían facer referencia ao apelido Salgado; o terceiro, ao apelido Feijoo.
 
Segundo algúns veciños foi parte dun pazo do que aínda se conserva, o que en tempos foi a capela privada; hoxe en día separada da casa pola estrada e en parte reconstruída de bloques de cemento, para facer funcións de palleiro. Aínda pode observarse na fachada principal o arranque do que foi a espadana.
 
Nunha relación de capelas do libro de contas da parroquia díse a propósito da que nos ocupa: "Hay otra capilla al sitio de Peaguda barrio de esta parroquia de Ordes con el título de Ntra Señora del Rosario propia de la casa de Dn. Manuel Gayón vecino de Trasalva cuio edificio se ha reedificado en este año por su pequeñez. La posee el propio D. Francisco Joaquín de esta vecindad con la obligación de decir la misa del Alba de esta parroquia y Varias rezadas en cada semana y algunas votivas a San Gregorio, San Antonio y San Francisco, tiene la imagen del Rosario, de San Cayetano y San Gregorio que van a pintar ornatos y lo mas necesario para celebrar las misas según sus días propios e independientes de la Iglesia con un libro de su fundación reconocido en las visitas" (Libro de cuentas, folio 169),
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del Patrimonio Arquitectónico de  Interés Histórico  Artístico. Madrid, 1979.
-A.H.D.OU.
     Libro de contas de fábrica, 1667-1902, 35-6-11.

volver a búsqueda