Igrexa Parroquial de Santa María de Ordes

mapa ficha

Referencia:

040384

Nomenclator:

3206705

Coord. UTM:

x: 594382 y: 4657266

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ORDES

Lugar:

Igrexario, O

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Barroco
Igrexa Parroquial de Santa María de Ordes

Descrición:

Igrexa de planta rectangular con capela adosada no muro sur e muros de perpiaño. Na fachada principal ten porta alintelada, con moldura acovadada nos ángulos, fornela avenerada, enmarcada por pilastras e volutas, que porta imaxe da Virxe da Asunción e van rectangular moldurado. Sobre a fachada principal, espadana de doble corpo: o inferior de dous arcos con machóns e arquitrabes, na parte inferior do arco, que se prolonga en soportal hacia a nave. O segundo corpo ten un só arco e remata nunha cruz de ferro. Nos ángulos dispóñense pináculos rematados en bolas.
 
Segundo os libros de contas de fábrica, en 1754 o abade pediu autorización ao obispo para reedificar o coro da igreza, facendo as paredes, teito e arco toral máis seguros (Libro de cuentas, año 1754, "Carta a su Illma. Pidiendo autorización para utilizar caudales atrasados en reparos de la iglesia").
 
Desde finais do século XVIII acometeronse diferentes obras de reparos no campanario, e nos arcos da tribuna e nave.
 
No seu interior posúe imaxes barrocas: Nosa Señora da Asunción,  San Martiño, San Isidro e un Calvario. Atribuídas ao obradoiro de Francisco de Moure dúas imáxes de San Pedro e San Pablo. Ten cruz procesional do século XVIII e outras pezas de ourivería nas que traballou Feijóo y Lizana.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-COUCEIRO FREIJOMIL, Antonio, Monumentors de la provincia de Orense. Boletín de monumentos de la Provincia de Orense. Ourense, 1938, tomo XI, p. 271.
-FERNÁNDEZ OTERO, José Carlos, Apuntes para el inventario del mobiliario litúrgico de la Diócesis de Orense,  Fundación Barrie de la Maza, Pontevedra, 1983, p. 221.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico.  Madrid, 1979.
-A.H.D.OU.
     Libro de contas de fábrica, 1667-1902, 35-6-11.

volver a búsqueda