Capela de Santa Cristina

mapa ficha

Referencia:

040351

Nomenclator:

3206705

Coord. UTM:

x: 594786 y: 4657936

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ORDES

Lugar:

Carballal

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Capela de Santa Cristina

Descrición:

Nunha relación das capelas da feligresía se nos di: "existe unha capela en el sitio de Santa Cristina decente con el título de la misma Santa, un carro triunfal que le sirve de antas" "se le celebra su fiesta el 24 de julio" (Libro de cuentas de fábrica, folio 169). Actualmente é un edificio de planta rectangular, muros de perpiaño encintados e tellado a dúas augas. Ten pórtico sobre tres pilares, destacado en alzado. É unha capela dunha soa nave que foi ampliada en lonxitude. A fachada principal está composta por unha porta alintelada, que leva inscrita a data de 1842 e flanqueada por dous óculos, onde se aprecia restos de policromía. A única nave recibe luz de bufardas de posición vertical.
 
Nesta capela realizábase o ritual para a cura do "arangaño". Consistía, o rito, en que tres mulleres, co nome de María pasaban ao neno enfermo por un dos óculos da fachada principal e volvíano a sacar fora polo outro óculo. As "Marías" debían ser preferentemente da aldea, pero en caso de que non as houbera con ese nome, admitíase que foran doutro lugar. Unha vez rematado o ritual, traíaselle como ofrenda a Santa, unha bica con nove areas de sal.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
     Libro de contas de fábrica, 1667-1902, 35-5-11.

volver a búsqueda