Canastro 1

mapa ficha

Referencia:

040347

Nomenclator:

3206705

Coord. UTM:

x: 594776 y: 4657817

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

ORDES

Lugar:

Carballal

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Canastro 1

Descrición:

Canastro de madeira sobre soleira de cachotes. Apoia sobre esteos de diferente labra: os pés dos lados penais son de sección prismática ben labrados, contrastan cos pés centrais, máis bastos, e anchos na parte baixa. Utiliza dous tipos de tornarratos: lousas de pedra lonxitudinais, nos lados penais, sobre cada par de esteos e circulares coa parte superior cónica, en cada un dos esteos centrais. A grade está convada cara o interior e forman os costais, balaústres verticais e faixa horizontal cortada por outras dúas, paralelas aos balaústres, dando lugar a tres tramos equidistantes. Nos lados penais ten dúas portas. Destaca a solución decorativa buscada no beirado, serrado en forma de arco polilobulado, que oculta a estrutura da cuberta.

volver a búsqueda