Forno comunal

mapa ficha

Referencia:

040329

Nomenclator:

3206704

Coord. UTM:

x: 594003 y: 4661741

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

LAMPAZA

Lugar:

Padroso

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Forno

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Forno comunal

Descrición:

Edifico de planta irregular e muros de cachotería. A porta de acceso ao interior está por riba do nivel do chan e accédese por medio de catro chanzos. Cúbrese a edificación con tellado a cinco augas. Está situado no centro da aldea, preto dunha das airas. Na rehabilitación que sufriu recentemente, engadíuselle unha nova capela máis pequena, aínda que conserva a orixinal e podería funcionar perfectamenete. A razón é que se segue utilizando o forno comunal para elaborar pan, e unha capela máis pequena resulta máis funcional debido a que é máis doado de prequentar. O forno máis antigo ocupa todo o muro. Está feito de cachotes, hoxe encintados, con capela semicircular coas ucheiras de pedra. Ten borralleira incorporada e o lar prolóngase por fora, formando o escoal. Para evitar que as chamas cheguen ao teito ten un chapilé sobre canzorros.

volver a búsqueda