Igrexa Parroquial de Santa María

mapa ficha

Referencia:

040297

Nomenclator:

3206704

Coord. UTM:

x: 594162 y: 4662186

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

LAMPAZA

Lugar:

Lampaza

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Barroco
Igrexa Parroquial de Santa María

Descrición:

Igrexa de planta rectangular, dunha soa nave e cabeceira destacada en alzado. Muros de perpiaño regular articulados por pilastras. No acornisamento, dobles remates de semiesferas, conos e bolas. Na fachada, porta alintelada e enmarcada con moldura acovadada nos ángulos; sobre ela, fornela avenerada coa imaxe da Virxe da Asunción e un van de arco de medio punto, na cornisa reloxo de sol circular. Rematando a fachada, espadana de dous corpos, separados por un acornisamento con pináculos nos extremos. O corpo inferior, de vans xemelgos e con pilastras adosadas, prolóngase en soportal hacia a nave. O superior é dun só arco e remata nunha cruz de ferro flanqueada por pináculos.
 
Foi concluída a fábrica do edificio en 1655-1656. O retablo maior é de 1761, dos escultores Xacinto Martínez e Bieito Fernández con imaxes da Asunción, , San Rosendo, San Xosé, San Francisco e relevos coas imaxes de San Pedro e San Pablo. Ten cruz procesional do século XVIII e un conxunto de pezas punzonadas polo plateiro do século XVIII, Carlos Feijoo y Lizana. Ten cruz parroquial coa inscrición: "ME FECIT MANSILLA EN Vª Nª SANTA MARÍA DE LAMPAZA" no ano 1697.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-FERNÁNDEZ OTERO, José carlos, Apuntes para el Inventario del Mobiliario Litúrgico  de la Diócesis de Orense.. Fundación Barrié de la Maza, Pontevedra, 1983, p. 221.
-JUANA, Jesús de (Dir. ), A Alta Limia (A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa) . Editorial Ir Indo. Vigo, 1993, p. 98.
 
DOCUMENTACIÓN:
-Fichas del Inventario del Patrimonio Arquitectónico de  Interés Histórico Artístico. Ministerio de Cultura, 1979.

volver a búsqueda