Castro de Castrelo

mapa ficha

Referencia:

040259

Nomenclator:

3206704

Coord. UTM:

x: 593730 y: 4660462

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

LAMPAZA

Lugar:

Castrelo

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Castro de Castrelo

Descrición:

Castro situado nun espolón sobre o regato denominado Castrelo. Para chegar a el, é preciso coller a estrada que vai desde Castrelo a Candás, antes de tomar unha curva pechada a dereita, cóllese un camiño a esquerda que leva a ladeira do Castro.
 
Trátase dun castro de forma oval, que ocuparía unhas 3 has de terreo, cunhas dimensións integrais de 264 m. no eixo E-O por 235 no eixo N-S, segundo as fichas de Inventario do Patrimonio Arqueuolóxico, firmadas por Alfredo Seara.
 
O seu perfil destaca, fortemente no terreo. A pendente acúsase, canto máis preto se está do cumio. Está cinguido por unha muralla cun terraplén duns 10 ou 12 m. de alto, segungo Alfredo Seara. A zona máis accesible é a S e a O. A zona de menos pendente é, por suposto a mellor defendida: no S e no O.  As defensas se reforzan cun foxo profundo.
 
Nas prospeccións feitas por Alfredo Seara e nas recollidas no Inventario do Patriomonio Arqueolóxico do 2007, atopáronse fragmentos de cerámica castrexa de superficie de tonos marróns.
 
Segundo algúns veciños de Castrelo: "Había na cima unha porta que levaba a uns pasadizos onde vivían os Mouros" e que baixo o Castro había unha trabe de ouro.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de  Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia (2007) . Clave de identificación: GA32067005
- Catálogo de Bens Culturais do PXOM de Rairiz de Veiga. Nº DE FICHA: X_005

volver a búsqueda