Castro de Rosén

mapa ficha

Referencia:

040234

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 596629 y: 4665801

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Rosén

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Indeterminado
Castro de Rosén

Descrición:

Para localizalo hai que seguir a pista que leva a Barracel, pasando o desvio a Quilmelas e nunha curva pechada á dereita, cóllese un camiño ancho nesa mesma man.
 
É un castro ovalado coa cima plana. Segundo os datos do "Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia" do 2007, tería  300 m no eixo N-S por uns 230  m no eixo E-O, cunha superficie total de 7,5 ha; sendo a pendente sur a mais acta para acoller as plataformas habitacionais. Non se observan, nin a documentación recolle datos neste sentido, construcións defensivas. O que si se recolle nas fichas de inventario e o uso do topónimo "Foxo" para referirse ao eixo N-NE.
 
O castro está situado a unha cota de 770 m , podendo verse, ao S,  o Castro de Guillamil. Como pode observarse nunha das fotos, na base da parede N, produciuse un desterro, o cal ocasionou importantes danos ao xacemento, e que segundo o "Catálogo de Bens Cultrais do PXOM de Rairiz de Veiga", foi para apelmazar o solo dun predio próximo onde se construíu unha granxa. Séguense conservando a crenza popular de que no Castro de Rosén estaba a "Casa da Moura" (María a Moura), que identificaban cun burato nuns grandes penedos, hoxe desaparecidos.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia (2007). Clave de identificación: GA 32067003.
-Catálogo de Bens Culturais do PXOM de Rairiz de Veiga. Nº de Ficha: X_003.

volver a búsqueda