Capela de San Sadurniño

mapa ficha

Referencia:

040219

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 596658 y: 4665297

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Rosén

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Sadurniño

Descrición:

Planta rectangular con muros de cachotería encintados e tellado a tres augas. Portada sinxela con porta alintelada e flanqueada por pequenos vans rectangulares. Remata a fachada en espadana dun só arco, con arquitrabes no arranque do arco e rematado en cruz. Diante da fachada adro sen porticar.  
 
Temos constancia desta capela,  nos libros de visita desde o século XVII (Libro de visitas, cuentas de fábrica, primicias, folio, 74). No ano 1731 os veciños ceden terras na "Lama do Seixo" para trasladar e dotar a capela que se achaba en estado de ruína (Libro de visitas, cartas pastorales, 35.4-8). No século XIX as capelas da feligresía achábanse en mal estado utilizándose moitas veces para cousas que non tiñan que ver moito co culto (Libro de visitas, cartas pastorales, 1832, folio 60).
 
 
DOCUMENTACIÓN:                                               
-Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico.  Madrid, 1979.
-A.H.D.OU.
       Libro de visitas, contas de fábrica, primicias, 35-4-7.
       Libro de visitas, Cartas pastorais, 35-4-8.

volver a búsqueda