Mámoas dos Chaos de San Cibrao

mapa ficha

Referencia:

040215

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 594496 y: 4667473

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Quilmelas

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Túmulos Megalíticos

Subtipo:

Túmulo Megalítico

Etapa Histórica:

Neolítico

Estilo Relevante:

Indeterminado
Mámoas dos Chaos de San Cibrao

Descrición:

O mellor acceso é dende Nigueiroá. Cóllese a pista cara a Berredo e a continuación unha pista de terra á dereita que leva ao alto do Monte San Cibrao. Na chaira do monte, a uns 908 m. de altura e a uns 150 m. ao SE da capela, atópase a mámoa 1, cunha cámara de planta circular e forma troncocónica, sen corredor nin pedra de cubrición. Composta de dez ortostatos irregulares, fincados no chan de un grosor de entre 20 e 30 cm. e unha altura media de entre 1,5 e 1,8 m. O corredor, que ten unha orientación SO, está escavado, permitindo o acceso ao interior da cámara.
 
A 30 m. desta, e a 180 m. da Capela, atópase a segunda mámoa.  Na cámara observanse 6 ortostatos graníticos, fincados verticalmente e de forma irregular, cun grosor de 20 e 30 cm. aproximadamente e cunha altura media que vai desde 1 aos 1,5 m. Non se observa corredor nin pedra cubrideira, e presenta planta circular e forma troncocónica. (cordeadas: x:594501.3800; y:4667441.6800).
 
A terceira mámoa atópase hoxe en día desaparecida. Segundo LÓPEZ CUEVILLAS, correspoderíase coa Mámoa número 1, que estaría situada a 40 m. ao sur da capela e que xa entón se atopaba moi arrasada. Nas fichas de Inventario de Patrimonio Arquelóxico afírmase que estaría situada ao Se ou ao E da capela e a 400 m. das outras dúas mámoas.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-LÓPEZ CUEVILLAS, F. 1926: "As mámoas do Concello de Rairiz" en Boletín de la Real Academia Gallega, t. XV, pp. 235-245.
 
DOCUMENTACIÓN:  
-Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: GA32067001.
-Plan Xeral de Ordenación Municipal de Rairiz de Veiga. Catálogo de Bens Culturais. Nº Ficha  X_001.

volver a búsqueda