Capela de San Roque

mapa ficha

Referencia:

040210

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 595806 y: 4666112

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Quilmelas

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San  Roque

Descrición:

Capela de planta rectangular, con muros de perpiaño encintados. Tellado a tres augas cuberto con tella curva e rehabilitado recentemente. Diante da fachada principal, adro cuberto con tellado a tres augas sobre pilares. Na fachada porta alintelada, flanqueada de vans abocinados. Remata cunha espadana dun só arco.  
 
Temos noticias da existencia desta capela desde o século XVII (Libro de visitas, cobro de primicias, cuentas de fábrica, folio 74). Onde se nos di que estaba con decencia e con todo o necesario para decir misa. En 1832, según os libros parroquiais, a ermida de San Roque xunto coas outras ermidas da feligresía: "no se hallan con la decencia y seguridad que corresponde, haciendose muchas veces cosas impropias de aquel lugar, que está dedicado unicamente para el culto" (Libro de visitas, cartas pastorales, folio 60).    
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Interés Histórico Artístico. Ministerio de Cultura. Madrid, 1979.
-A.H.D.OU.
     Libro de visitas, cobro de primicias, contas de fábrica, 35-4-7.
     Libro de visitas, cartas pastorais, 35-4-8.

volver a búsqueda