Referencia: |
040192 |
Nomenclator: |
3206702 |
Coord. UTM: |
x: 593139 y: 4655715 |
Concello: |
Rairiz de Veiga |
Parroquia: |
CONGOSTRO |
Lugar: |
Congostro |
Tipoloxía: |
Arquitectura Civil |
Tipo: |
Construcións de Almacenamento |
Subtipo: |
Canastro |
Etapa Histórica: |
Idade Contemporánea |
Estilo Relevante: |
Popular |
Descrición:
Situados na aira chamada do "Tío Primitivo":
Canastro 1, de madeira sobre tres cepas. A cámara está formada por balaústres verticais cunha doble faixa horizontal e dúas faixas máis verticais que se cruzan nos costais. Ten porta nos dous penais.
Canastro 2, de madeira apoiado sobre tres pares de esteos con tornarratos lonxitudinais sobre cada par dos penais. A cámara en moi mal estado, estaba formada por balaústres verticais coas súas faixas de reforzo.
Canastro 3, de madeira apoiado sobre tres pares de esteos con tornarratos lonxitudinais sobre cada par dos penais. A cámara está formada por balaústres verticais cunha faixa horizontal e dúas verticais cruzadas, nos costais.