Capela das Neves

mapa ficha

Referencia:

040186

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 595222 y: 4664727

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Nigueiroá

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela das Neves

Descrición:

Capela de planta rectangular con muros de cachotería encintados e tellado a tres augas. Anexo á fachada, pórtico levantado a posterioridade, utilizando formigón e sobre columnas de pedra. Na fachada fiestras cadradas e porta alintelada. Rematando a fachada, topete e espadana dun só arco de medio punto con pináculos aos lados e remate en cruz sinxela. Na cabeceira reaproveitouse como parte do muro unha moldura de sogueado.
 
Aparece citada no libro de visitas da parroquia, xa en 1668. Dela se di que se atopa en bo estado e con todo o necesario para dicir misa (Libro de visitas 1668, folio
31 votto). A principios do século XIX apremiase aos veciños do lugar de Negueiroá a acometer os arreglos necesarios na capela "coa decencia debida", no caso contrario farase demoler e traspasarase todos os seus efectos á igrexa parroquial. No ano 1832 séguese insistindo no mal estado das capelas desta parroquia,; así na visita pastoral 17 de xulio dise textualmente: "Hay en los términos de esta feligresía las capillas o ermitas que quedan referidas al folio 59 y vto. Y no todas se hallan con la decencia y seguridad que corresponde, haciendose muchas veces uso para cosas impropias para aquel lugar, que está indicado unicamente para el culto" (Libro de visitas, folio 60).
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
     Libro de visitas, cartas pastorais, 35-4-8.

volver a búsqueda