Castro de Guillamil

mapa ficha

Referencia:

040163

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 596439 y: 4664774

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Guillamil

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Castro de Guillamil

Descrición:

Castro situado ao Norte de Guillamil a uns 500 m., nunha pista que conduce a Rosén. Está enclavado nun outeiro ao leste do Río Rosén. Ten forma ovalada co seu lado maior situado no eixo N.- S. Cunhas medidas aproximadas de 100 x 80 m. (según Alfredo Seara). Observanse restos murarios de cachotería, especialmente nas ladeiras Sur e Leste. Ao Norte, Leste e Oeste presenta unhas pendentes moi pronunciadas que lle da carácter de inexpugnabilidade. A pendente máis apropiada para soster as catro plataformas habitacionais é a Sur, aínda que ao norte e ao Oeste atopase unha plataforma de uso residencial. Ao sur, tamén pode observarse un foxo. A delimitación total do recinto é de unhas 1, 57 has. Relacionado con este castro parece estar, un trisquel que se atopou casualmente e que foi donado a un particular. Ata fai uns anos estuvo exposto ao público nun bar céntrico da localidade de Celanova. A peza consistía nunha lousa de granito cun trisquel "sistrorsum" inscrito nun círculo e delimitado por outro relevo saínte no que se inscribe outro trisquel de brazos máis delgados. O círculo no que se inscribía o trisquel tiña uns 32 cm. E a altura e anchura total da peza era duns: 57 cm. X 44 cm.  
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Código do Xacemento: GA 32067004.
- Cátalogo de Bens Culturais do PXOM de Rairiz de Veiga. Ficha Nº x_004.

volver a búsqueda