Viacrucis

mapa ficha

Referencia:

040162

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 596544 y: 4664258

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Guillamil

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Viacrucis

Subtipo:

Viacrucis

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Viacrucis

Descrición:

Viacrucis do que só se conservan seis cruceiros correspondentes ás respectivas estacións e ao Calvario. Ao redor da Igrexa consérvanse tres: No lado do Evanxeo consérvase un cruceiro con pedestal, varal circular, capitel tipo xónico e cruz sinxela con círculo na interxección dos brazos. A cruz é de sección cuadrangular coas esquinas rebaixadas. No adro da igrexa existen outros dous cruceiros do mesmo estilo co descrito aos que lle falta, nun caso o brazo dereito da cruz e noutro só se conserva o brazo inferior. O Viacrucis, despois de rodear a Igrexa, segue a  rúa ao suleste, onde podemos atopar dúas estacións máis, representadas por sendos cruceiros e definitivamente o calvario. A  seguinte cruz que se atopa a uns 10 m. do adro da igrexa, segue a mesma tipoloxía descrita. A última cruz antes de chegar ao calvario responde a unha tipoloxía máis coincidente co grupo do Calvario, ao que ademáis lle falta a cruz correspondente ao Bo Ladrón: cruz de sección romboidal con remates florenzados.
 
Segundo HERVELLA VÁZQUEZ, a súa labra data do século XVIII. No (Libro de cuentas y primicias, 1709, folios 8; 30-32), dase conta do que se lle pagou ao canteiro Antono Vidal por facer os cruceiros e Calvario que percorren a igrexa.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
-HERVELLA VÁZQUEZ, J. "Apuntes histórico-artísticos de la Parroquia de Guillamil (Rairiz de Veiga, Ourense)", en Boletín de Estudios del Seminario "Fontán Sarmiento". Santiago de Compostela, 1993, nº 14, p. 72
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
      Libro de contas de fábrica e primicias, 35-4-9.

volver a búsqueda