Muíño dos Capadores ou do Castreliño

mapa ficha

Referencia:

040157

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 596348 y: 4664687

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Guillamil

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Muíño dos Capadores ou do Castreliño

Descrición:

Muíño de canle cuberta de forma circular para aumentala presión da auga que vai ao rodicio, con tellado a unha vertente e muros de cachotería asentados en seco. Na súa fachada principal, porta de entrada con cruces inscritas na lumieira e nas agullas. Destaca ao carón da porta, unha lousa de pedra que sobresae da parede. É o pousadoiro ou pousafoles para apoiar os sacos de gran. A construción ten dous niveis: un inferior, o inferno onde se sitúa o rodicio e o superior onde se atopa o tremiñado que actualmente está en desuso sin pedra de moer e co teito parcialmente derrubado.

volver a búsqueda