Igrexa Parroquial de San Andrés

mapa ficha

Referencia:

040155

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 596477 y: 4664362

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Guillamil

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Media

Estilo Relevante:

Románico
Igrexa Parroquial de San Andrés

Descrición:

A Igrexa conserva a antiga estrutura románica con elementos posteriores. O único que se conserva da antiga fábrica románica son os canzorros de tema profano, as portadas, a imáxen de pedra da San Andrés, e a Cruz antefixa sobre o tellado da capela maior.
 
Segundo HERVELLA VÁZQUEZ (1993), arredor do século XVII, engádese a capela maior e reestructúrase a fachada engadindolle a espadana de dous arcos. Tamén datarían deste século os vans bioculares do corpo da nave.
 
É de planta rectangular con presbiterio destacado en alzado, capela adosada no muro sur e paramento de perpiaño. Na fachada, porta con arco de medio punto con intradós moldurado que apoia en impostas. Sobre a porta, hornacina avenerada coa imaxe de San Andrés que porta os atributos da súa paixón e aínda conserva restos de policromía. Sobre a hornacina, esfera do reloxo. Coroando a fachada, espadana de dous corpos que arranca de restos dun frontón. O primeiro de dous arcos con arquitrabes e pináculos aos lados. O segundo dun só arco con arquitrabes e flanqueado por pináculos.      
 
Na fachada sur, porta con arco de medio punto, coas arquivoltas exteriores con decoración axedrezada, de dentes de serra e media cana nas centrais e toros na interior; descansa en impostas con decoración de dentes de serra. Nas xambas presenta columnas adosadas e decoración vexetal estilizada nos capiteis. O tímpano e liso e apoia en mochetas. Sobre a porta dous canzorros que sostuveron un cabildo que hoxe non se conserva.     
 
Na fachada norte, porta tapiada onde aínda se pode observar o arco de medio punto apoiado sobre impostas e con decoración de dentes de serra na arquivolta interior. Destacan, no cornisamento, os canzorros con decoración de tema profano que percorren todo o perímetro da igrexa. Dan luz ao interior da igrexa, pequenos vans alintelados e avocinados é en contraste con eles dous vans bioculares: un na fachada norte e outro na fachada sur.  
    
O retablo maior é obra de Alonso Gómez (1663). Mándase facer na visita á parroquia do 19 de maio de 1651 que: "se haga un retablo en el altar mayor y para ello se saquen de la Cofradía de San Antonio 700 rs y de la de San Bernabé 400 rs y el abad cuide de ejecutarlo dentro de seis meses" . Na visita do 9 de agosto de 1663 seguese insistindo, nos mandatos que se lle fan ao abad, en que se faga un retablo no altar maior (folio 67). Na anotación dos descargos dese ano figura:  "Se pagó al maestro del retablo Alonso Gómez 1635 reales que está concertado en 2700 reales" (Libro de visitas, cuentas de fábrica y primicias, folio 71). No libro de contas de fábrica, no ano 1728 consta en descargo: "Mas 88 rs que llevaron los escultores y carpinteros por mudar y quitar el altar mayor y colaterales y volverlos a poner y clabar y fijar" (libro de cuentas, folio 40 vol.). Nos cargos das contas de 1736 , (Libro de cuentas folio 47 vol.) cítase o nome do escultor ao que se lle pagou pola  obra do Altar Mayor: "1600 rs al escultor Joseph Seguin en la obra que hizo en el Altar Maior y guardapolvos frontales para los tres altares y nuebe imágenes que fueron el Patrón San Andrés, San Jerónimo, San Francisco Xavier, Santa Eulalia, Santa Catarina, San Agustín, San Benito, Ntra Sra de las Angustias y San Juan, una custodia y el Altar del Santo Cristo,  y Cristo Crucificado y otras mas obrecillas que constan de la obra y escritura".
 
No adro da igrexa exinten aínda restos do Víacrucis, labrado no século XVIII que percorría o seu perímetro: dous cruceiros no sur e un terceiro no muro norte. No (Libro de cuentas y primicias, 1709), dase conta do que se lle pagou ao canteiro Antonio Vidal por facer os cruceiros e Calvario que percorren a igrexa.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el inventario  del mobiliario litúrgico de la diócesis de Orense,  Fundación B. de la Maza, Pontevedra, p. 221
- HERVELLA VÁZQUEZ, J. Apuntes histórico-artísticos de la parroquia de Guillamil. (Rairiz de Veiga, Ourense). Boletín de Estudios del Seminario "Fontán Sarmiento", Santiago de Compostela, 1993, nº 14, pp.72-73.
 - JUANA, Jesús de (Dir. ), A Alta Limia (A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa) . Editorial Ir Indo. Vigo, 1993, pp. 97-98.
  
DOCUMENTACIÓN:
- Inventario del Patrimonio Arquitectónico de Unterés Histórico Artístico. Ministerio de Cultura. Madrid, 1979.
-A.H.D.OU.
     Libro de visitas, contas de fábrica e primicias, 35-4-7.

volver a búsqueda