Capela da Virxe da Esperanza

mapa ficha

Referencia:

040105

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 596812 y: 4666805

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Barracel

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela da Virxe da Esperanza

Descrición:

Planta rectangular non exenta, con tellado a tres augas. Muros de perpiaño concertado encintados. A fachada é sinxela: porta alintelada que permite o acceso mediante tres chanzos semicirculares, e a beira respiradoiro de configuración horizontal . Coroando a fachada espadana dun só arco que arranca desde o arquitrabe. Flanquean a espadana  dous pináculos e  remata nunha cruz.
 
Existe documentación desta capela dende 1668, onde aparece citada nas visitas pastorais como unha das cinco capelas da feligresía coa advocación de "Ntra. Sra. De la O" e onde existía unha capelanía colativa, en estado: "bien dezente" e con todolos ornatos e todo o necesario para dicir misa ( Libro de visitas, cobro de primicias, cuentas de fábrica, folio 81 volto). En visita pastoral feita en 1832 faise referencia ás malas condicións en que se atopan as capelas da feligresía de Guillamil, entre elas a de Ntra. Sra. da Espectación de Barracel "en donde se hacen cosas impropias de aquel lugar" (Libro de visitas, cobro de primicias, cuentas de fábrica, folio 60). Na visita pastoral feita en 1856, séguese recollendo a mesma situación de abandono.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
     Libro de visitas, cartas pastorais 35-4-8.

volver a búsqueda