Capela de San Antón

mapa ficha

Referencia:

040102

Nomenclator:

3206703

Coord. UTM:

x: 594418 y: 4663372

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

GUILLAMIL

Lugar:

Azoreiros

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela de San Antón

Descrición:

Capela de planta rectangular, muros de perpiaño encintados. A fachada principal encóntrase articulada por unha porta alintelada central, flanqueada por dúas ventás, sobre todo elo disponse un arco cego de descarga. Diante da fachada principal presenta un porche sobre columnas. Remátase o edificio cunha espadana dun só arco e pináculos nos catro ángulos. O retablo e as imaxes están atribuídas ao escultor José Seguín (1747).
 
A mediados do século XVII aparece citada, no libro de visitas pastorais da parroquia, unha ermita con advocación de San Martiño no lugar de Azoreiros que antigamente foi parroquia (Libro de visitas, cobro de primicias, cuentas de fábrica, folio 74). En visitas pastorais no ano 1739 e 1769 aparece citada como capela adicada a San Antón de Padua onde hai unha cofradía do Santo (Libro de visitas, cobro de primicias, cuentas de fábrica, folio 35 volto, folio 38 volto).
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C.: Apuntes para el inventario del mobiliario litúrgico de la diócesis de Ourense. Fundación B. de la Maza, Pontevedra, 1983, p. 221
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
     Libro de visitas, cobro de primicias, contas de fábrica, 35-4-7.
     Libro de visitas, cartas pastorais, 35-4-8.

volver a búsqueda