Castro de San Miguel

mapa ficha

Referencia:

040089

Nomenclator:

3206702

Coord. UTM:

x: 592800 y: 4656500

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

CONGOSTRO

Lugar:

San Miguel

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Castros

Subtipo:

Castro

Etapa Histórica:

Idade do Ferro

Estilo Relevante:

Indeterminado
Castro de San Miguel

Descrición:

Situado nun outeiro de pouca elevación, na ladeira dun monte, por riba do pobo de San Miguel. Na prospección feita en 1986 por Seara Carballo apareceron pequenos fragmentos de cerámica castrexa. Actualmente, en perfís abertos no terreo, pódense observar numerosos fragmentos de tégula. Non se observan grandes recursos defensivos.
 
Os autores do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos do 2007, dubidan da súa adscrición cronocultural na prehistoria. Segundo estes autores, pola tipoloxía do xacemento, podería pertencer a Idade Media.
 
Segundo os veciños, na cima houbo unha capela con advocación a San Miguel, cuxa imaxe se conserva na igrexa de Congostro. No Libro de Cuentas de Fábrica  da Parroquia de Santa Mariña de Congostro, dase conta dunha ermida adicada ao Arcanxo San Miguel, xa no ano 1687: "Hay una hermita de San Miguel que está con aseo" (Folio 16. vol). En visitas do  obispado, posteriores, constátase un deterioro progresivo desta capela, ata non atopar mención algunha : "Hay una hermita del Glorioso San Miguel Arcangel, esta con mediana decencia" (Visita do 6 de xulio de 1694, folio. 19. vol)  A comezos do século XVIII a ermida aínda está en pé aínda que en moi mal estado: "ay una hermita al Arcangel San Miguel que está indecente" (Visita 1712, Folio. 35. vol). Polo que na mesma visita, ordenase que o cura notifique aos feligreses que no plazo de dous meses se reedifique a ermida de San Miguel. O último dato que fai referencia a Capela, atópase no libro de Contas de fábrica, da parroquia, no ano 1779: "En el mes de agosto 1779 tomó posesión de la Capilla del Glorioso San Miguel Don Alonso Morgade Vº de Carpazás a quien respecta dar cuentas de las misas anuales que tiene la fundación de dicha capellanía y de todo lo demás adherente a ella".
 
 
DOCUMENTACIÓN:
- Catálogo de Bens culturais do PXOM de Rairiz de Veiga,  Nº de Ficha: X_006.
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia (2007). Clave de Identificación:  GA32067006.
- A.H.D.OU.
      Libro de Contas de Fábrica, da Parroquia de Santa Mariña de Congostro, 35-2-8.

volver a búsqueda