Grupo de 8 canastros

mapa ficha

Referencia:

040081

Nomenclator:

3206702

Coord. UTM:

x: 592904 y: 4656386

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

CONGOSTRO

Lugar:

San Miguel

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Almacenamento

Subtipo:

Canastro

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Grupo de 8 canastros

Descrición:

Grupo de oito canastros asentados sobre soleira:
 
Canastro 1,  de madeira sobre seis esteos cada un con tornarratos circular menos os dous dianteiros que portan unha peza lonxitudinal que une os dous pes. A cámara está formada por balaústres verticais, tres faixas paralelas aos balaústres, cruzadas por outra horizontal que a súa vez, únese a pequenas faixas diagonais na parte baixa. Conserva a maior parte da policromía e unha cuberta con voo destacado.
 
Canastro 2, de madeira sobre tres pares de esteos, combinando dous tipos de tornarratos, lonxitudinais e circulares, para cada pé individual. A cámara está formada por balaústres verticais, con dúas faixas dispostas en cruz. Ten unha porta nun dos penais e dous chanzos de pedra para facilitar o acceso.
 
Canastro 3,  de madeira sobre seis esteos de seccion cadrada, máis anchos na base, cada un con tornarratos circular superposto. A cámara está formada por balaústres verticais e faixas cruzadas e pequenas faixas diagonais que se unen á horizontal pola parte baixa.
 
Canastro 4, de madeira con cámara formada por balaústres horizontais e tres faixas verticais e unha grade convada hacia o interior e que apoia sobre tres cepas. Ten porta nun dos penais e unha cuberta con voo destacado.
 
Canastro 5, de madeira sobre tres pares de esteos de sección cadrada e con tornarratos superpostos de dous tipos: circulares sobre cada pé e lonxitudinais sobre cada par. A cámara, en moi mal estado, está formada por balaústres verticais e faixas cruzadas.
 
Canastro 6, de madeira sobre tres pares de esteos de sección cadrada con tornarratos superpostos de dous tipos: circulares sobre cada pé e lonxitudinais sobre cada par. A cámara está formada por balaústres verticais con dúas faixas paralelas, cruzadas por unha horizontal. Ten unha soa porta. E cuberta con voo destacado.
 
Canastro 7, de madeira apoiado sobre seis esteos, con tornarratos circulares sobre cada un. A cámara está formada por balaústres verticais e tres faixas: dúas verticais e unha horizontal. Ten puntais de reforzo nos costais e nos dous lados dun penal e unha soa porta nun dos penais.
 
Canastro 8, de madeira sobre tres cepas. A cámara ten como base unha grade convada e está formada por balaústres verticais, con tres faixas: dúas verticais e unha horizontal. Ten unha porta en cada un dos penais, con chanzos de pedra para un mellor acceso. Está bicromado en vermello e negro.

volver a búsqueda