Xacemento da Muralla Grande / O Castelo

mapa ficha

Referencia:

040075

Nomenclator:

3206702

Coord. UTM:

x: 59215826 y: 465452118

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

CONGOSTRO

Lugar:

Congostro

Tipoloxía:

Arquitectura Defensiva

Tipo:

Castelos

Subtipo:

Castelo

Etapa Histórica:

Plena Idade Media

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento da Muralla Grande / O Castelo

Descrición:

Situado na cima dun monte ao que se accede por unha pista de terra que sae desde o forno comunal de Congostro en dirección sur. Trátase dun monte onde está emprazado un vértice xeodésico e que limita co concello de Bande. Neste asentamento atopáronse restos de cerámica castrexa e medieval e tella de tipo arábigo. Trátase dun xacemento castrexo moi deteriorado pola construción dun castelo medieval (Castelo de Celme), do que, segundo os autores do Inventario  de xacementos arqueolóxicos do 2007,  non hai evidencias claras.
 
Do "Castelo" coñecido como Castelo de Celme, atópase bastante información escrita. Tratábase dunha fortaleza defensiva, datada entre os séculos XI e XII, feita co fin de evitar unha posible invasión  de Afonso Henriques, Rey de Portugal. Formaba conxunto con outras castelos como o de Pena, Porqueira ou O Castro.
Documentase un asalto, feito a esta fortaleza polo Duque de Lancaster no século XIV. Despois de ser derrubada polos Hirmandiños, foi reconstruída por D. Alvaro de Oca en 1529. As últimas novas das que temos constancia, datan do século XVIII, nos escritos de Gonzalo de Ulloa, onde se sinala a súa pertencia a  Casa de Monterrey. Xa só se conservaba a torre que acabou por desaparecer.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- BARROSO IGLESIAS, M.; CALVO CARBALLO, M. A.; Et alli, "As torres do Val do Limia". Anexo das VIII Xornadas de Historia de  Galicia. Ourense 1995, pp.58-59.
- CID RUMBAO, "Castillos de la provincia de Orense. La Región, Número extraordinario, 1960
- GONZÁLEZ DE ULLOA, "Descripción de los estado de la Casa de Monterrey en Galicia, 1777". Cuadernos de Estudios Gallegos, 1950.0
 
DOCUMENTACIÓN:
- Ficha do Inventario de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia (2007). Clave de identificación: GA32067011.

volver a búsqueda