Igrexa Parroquial de Santa Mariña

mapa ficha

Referencia:

040036

Nomenclator:

3206702

Coord. UTM:

x: 593104 y: 4655704

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

CONGOSTRO

Lugar:

Congostro

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa Parroquial de Santa Mariña

Descrición:

Igrexa de planta rectangular con capela adosada e cabeceira rectangular. A fachada principal ten porta alintelada, sinxela e van rectangular na parte superior. Articulando o muro, nos extremos, pilastras adosadas que rematan en pináculos. Remata a fachada en espadaña de dous corpos. No primeiro corpo dous arcos, flanqueados por pináculos; no segundo un só arco, flanqueado por pináculos e rematado en cruz.
 
Datada a fábrica da Igrexa no século XVIII. Xa non conserva o retablo encargado en 1599 ao escultor Francisco Rodríguez Guzmán. O Retablo Maior que se conserva na actualidade é Barroco xunto coa talla de Santa Mariña.
 
Segundo Pérez Costanti (1930), pagouselle a Rodríguez Guzmán 30 ducados, por un retablo coa imaxe da patrona "de catro palmos de alta" na fornela central, cun dragón nos pes e unha palma na man esquerda e un libro na dereita. No mais alto do retablo un Cristo de dous palmos e na porta da custodia unha Resurrección "de media talla".
 
Nunha carta do párroco D. Joseph Muñoz Araujo, datada no 28 de setembro de 1750 e contida no libro de fábrica da parroquia, queixase de que o seu antecesor non fixo os "reparos"  necesarios na iglesia: "[.. ..] el techo de la yglesia por lo que se esta cayendo" (Libro 35-2-8, folio 248)
 
Segundo os Libros de fábrica en 1889, utilizáronse fondos do obispado, da renda da Capela e recadación de limosna para "arreglos del tejado, caleado y asegurar el altar mayor", (Libro de cuentas de Fábrica, folios 57-58). De 1898 data a construción da escaleira da tribuna e a espadana (Libro de Fábrica, folio 77.volto). A comezos do século XX seguíronse facendo reformas na Igrexa: no piso da tribuna e de dous "credencias" aos lados do Altar Maior (ano 1900, folio 82). En 1906 fixéronse tres cubertas de madeira para os altares e dúas gradas no Altar Maior. Faise unha reparación case total da tribuna e da sacristía. En 1938 volveuse levantar o muro do adro que estaba derrubado (Folio 135).
 
  
BIBLIOGRAFÍA:
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el inventario del mobiliario litúrgico de la Diócesis de Orense. Pontevedra, 1983, p. 221.
- JUANA, Jesús de (Dir. ), A Alta Limia (A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa) . Editorial Ir Indo. Vigo, 1993, p. 97.
- PÉREZ COSTANTI, Pablo, Diccionario de los artistas que florecieron  en Galicia durante los siglos XVI y XVII. Imp. Seminario Central. Santiago de Compostela, 1930, p. 474.
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
     Libro de Cuentas de Fábrica, 35-2-8.

volver a búsqueda