Igrexa Parroquial de San Martiño

mapa ficha

Referencia:

040001

Nomenclator:

3206701

Coord. UTM:

x: 59314472 y: 466045580

Concello:

Rairiz de Veiga

Parroquia:

CANDÁS

Lugar:

Candás

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Igrexas

Subtipo:

Igrexa

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Igrexa Parroquial de San Martiño

Descrición:

Igrexa cuxa fábrica data do século XVIII, de planta rectangular e muros de perpiaño. Está cuberta por tellado a tres augas e con pináculos como remates, nos ángulos. A fachada é sinxela: porta alintelada sobre a que se dispón un van rectangular e unha espadana dun corpo e dous arcos, rematado en frontón e cruz de pedra.
 
Atribuídas a Francisco de Moure ou ó seu obradoiro son os relevos con imaxes de San Bieito e San Martiño e unha porta de Sagrario co Sacrificio de Isaac, do século XVIII; consta a existencia dun San Bieito, un San Miguel e un relevo de San Martiño. Partindo a capa. Consérvase un cáliz de plata datado en 1769 (De Juana, 1993, p. 97)
 
Polos datos extraídos dos libros de visitas da Parroquia, a Igrexa parroquial de San Martiño de Candás, era vicaria do Convento de Celanova (Visita do 10 de xullo de 1713, folio 6).
 
En visita pastoral feita o 19 de xulio de 1713, mándase que se reedifique a Capela Maior que se está caíndo. Na visita do (8 de maio de 1769, folio 25), dase conta do lamentable estado que ten a Igrexa: "por ver una Iglesia que mas bien se puede llamar pequeña hermita, aunque capaz para recoger a los feligreses, no solo sin adorno alguno, a excepción de lo que buenamente puede el cura sino también y lo principal sin seguridad alguna, por estar amenazando ruína las paredes, que con ser de tosca y menuda piedra, no tienen barro para cubrir sus faltas y el arco que divide la Capilla Mayor de el cuerpo de esta Iglesia, el cual se halla abierto por medio y por las aguas que entran en esta Capilla, tampoco reparado el techo y el pavimento de manera desigual". No apartado de "mandatos" dase orden para que se acometan os reparos necesarios na Iglesia.
 
 
BIBLIOGRAFÍA:
- FERNÁNDEZ OTERO, J. C., Apuntes para el inventario del mobiliario litúrgico de la Diócesis de Orense. Pontevedra, 1983, p. 221.
- JUANA, Jesús de (Dir. ), A Alta Limia (A Terra que medrou vencellada a unha Lagoa) . Editorial Ir Indo. Vigo, 1993, p. 97.
 
DOCUMENTACIÓN:
-A.H.D.OU.
     Libro de Visitas da Parroquia de San Martiño de Candás., Fol . 3, Fol 6.

volver a búsqueda