Fontes da Capela do Carme de Veiga de Sobreganade

mapa ficha

Referencia:

030306

Nomenclator:

3206206

Coord. UTM:

x: 598597 y: 4649732

Concello:

Porqueira

Parroquia:

SOBREGANADE

Lugar:

San Mamede de Sobreganade

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de almacenamento de auga

Subtipo:

Fonte

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Fontes da Capela do Carme de Veiga de Sobreganade

Descrición:

Ó pé da capela da Nosa Señora do Carme de Veiga, próxima ó núcleo de Sobreganade existen dúas fontes. Unha delas é de base cadrada, o corpo levantado en perpiaños encintados e unha cuberta plana de materiais modernos. A outra é de base tamén cadrada, pero o oco que debuxa para poder acceder ó manancial presenta forma de arco. Posiblemente sexa esta a que aparece citada no axuste de contas da capela para o ano 1672 (Libro 34.9.23., fol.43v) no que se aporta unha partida de 220 reais para unha fonte.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
A.H.D.OU.
       Libro 34.9.23

volver a búsqueda