Muíños (8-9)

mapa ficha

Referencia:

030297

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59574094 y: 465198201

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Forxa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Muíños (8-9)

Descrición:

No río Fírbeda, dende a ponte da Forxa ata as cataratas hai un total de 15 muíños. Estes corresponderíanse co octavo e noveno que nos podemos atopar río arriba. Están á marxe esquerda da ponte de pao que cruza o río dende a Torre.
 
O primeiro foi ampliado hai unhas décadas, levantando ó seu carón unha construción de dous andares que servía de muíño e de vivenda. O edificio primitivo presentaba pranta rectangular, coas paredes de cahotería asentada en seco. Responde á tipoloxía de muíño de cubo con dous rodicios. A lovada procede de varios metros máis arriba e ben conducida pola marxe do río ata que se achega ó edificio e desemboca no depósito.
 
A auga que saída de aquí era aproveitada para o muíño que se atopa xusto por debaixo. Este xa é un exemplar de dimensións moito máis reducidas. Presenta unha pranta practicamente cadrada e as paredes tamén están realizadas con cahotería asentada en seco. Trátase dun muíño de canle dun só rodicio.
 

volver a búsqueda