Parella de muíños

mapa ficha

Referencia:

030286

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 59175296 y: 465223168

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Retorta, A

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Parella de muíños

Descrición:

Este par de exemplares de arquitectura etnográfica atópanse máis arriba da mini central construída preto do pobo de Retorta. Segundo información dos veciños, había algúns exemplares a maiores que foron eliminados coa construción da presa.
 
Un dos muíños presenta pranta alargada, está realizado en cachotería e apenas conta cuns restos de cuberta.Consta de dous rodicios. A lovada a día de hoxe, debido á abundante vexetación, non se pode determinar de onde parte. Unha vez que chega ata a construción bifúrcase en dúas para poder encher os dous cubos que dan movemento ós correspondentes rodicios.
 
A lovada deste primeiro muíño ten continuidade ata o segundo exemplar. Neste caso tamén é de cubo, pero conta con tan só unha pedra de moer. Presenta pranta rectangular, as paredes están levantadas a base de cachotería e a cuberta a dúas augas mediante tella francesa. Pola parte onde se situa o cubo, o tellado queda practicamente ó ras da terra -debido ó desnivel do terreo-, de modo que a auga da choiva tamén cae no cubo e tamén se aproveita para o proceso. A porta de acceso ábrese nun dos lados menores.

volver a búsqueda