Parella de muíños

mapa ficha

Referencia:

030284

Nomenclator:

3206202

Coord. UTM:

x: 58998155 y: 465205484

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PARADELA DE ABELEDA

Lugar:

Lobios

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Popular
Parella de muíños

Descrición:

Dous muíños separados por parede medianera realizados en cachotería colocada en seco. Un dos muíños ainda conserva as súas paredes en pé, así como parte da cuberta, o outro atópase en peor estado, conservando tan só o inferno. Estaban cubertos a unha auga con tella do país.
 
A lovada, aínda que en tramos non se aprecia moi ben, parece que parte dende unha presa que se conserva nun remanso do río varios metros máis arriba. Dá servizo ó miuño que se atopa máis preto da mesma e posteriormente sirve tamén a estes dous. Na entrada dos muíños bifúrcase para mover os dous rodicios.
 
Probablemente fosen os dous exemplares de cubo, a pesares de que só se aprecia nun deles, no outro non se diferencia polos cascallos e pola vexetación que o cubre. Ambos muíños son de reducidas dimensións, albergando soamente un rodicio en cada construción.
 

volver a búsqueda