Casa grande con escudo

mapa ficha

Referencia:

030280

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59545535 y: 465217814

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Torre, A

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Casas Grandes

Subtipo:

Casa Grande

Etapa Histórica:

Idade Contemporánea

Estilo Relevante:

Popular
Casa grande con escudo

Descrición:

En orixe esta casona presentaba unha gran extensión de terreo que comprendía toda a mazá onde está situada a edificación, na actualidade tanto a construción como o terreo foron fragmentados en varias herdades. A casona componse dun gran número de edificacións, unhas contemporáneas e outras máis antigas, algunhas adicadas a vivendas e unha serie delas que son construcións anexas -palleiros, alpendres etc.
 
Na finca apréciase un palomar de planta circular con cuberta de tella curva que culmina cun pináculo piramidal rematado en bola. Segundo información dos veciños o palomar é obra recente que non debe superar as dúas décadas.
 
A entrada ó primitivo patio é un gran portalón realizado en perpiños cunha cuberta a dúas augas de tella curva. O gran perpiaño que fai as veces de lintel presenta unha cartela coa seguinte inscripción: "D. Juan  Rodz  /  AÑO DE 1857".
 
A casa está composta por varios volumes de pranta moi variada, destaca unha torre cadrada realizada en perpiaños coroados por unha moldura en caveto. Cuberta a catro augas con tella curva e en cada extremo do tellado un pináculo de pedra. As cubertas das diferentes edificación son tamén moi variadas, como materiais empregados destacan a tella curva e a tella francesa. Non conta cun gran número de vanos e os que ten son máis ben reducidos.
 
O conxunto aínda presenta un segundo portalón. O lintel ten man no seu punto central dun escudo e nos extremos de dous pináculos piramidais.

volver a búsqueda