Capela da Torre

mapa ficha

Referencia:

030279

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59553628 y: 465212893

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Torre, A

Tipoloxía:

Arquitectura Relixiosa

Tipo:

Capelas

Subtipo:

Capela

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Capela da Torre

Descrición:

Aína que a súa existencia debe ser bastante anterior, a primeira referencia escrita sobre a capela da Torre data de finais do século XVIII, ó redor de 1796, cando se cita no libro de Fábrica de San Martín de Porqueira: "Tengo entregado a Pedro de Lemos vezino de la Torre 140 rls que dio un devoto para el culto de la Virgen que se venera en la capilla de aquel lugar"
"Dn Vitorio Gonzalez parece que tiene ofrecido 50 rls para aiuda de un caliz para la hermita de la torre: i lo mismo Rosendo de Lemos"
"Dicen que en otro tiempo avia caliz en la iglesia de la torre, i parece, ose discurre que se trajeron para San Martin; pero nose sabe lo que o como fue. el ornato i misal que ai en la torre se llevo de la iglesia de Sn Martin que allí no lo avia solo parece que vino de allí para S. Martin una casulla vieja" (Libro 34.8.15, fol. 241)
 
Novamente vólvese a citar na visita pastoral de 1831: Hay en el lugar de la torre una Ermita que antiguamente fue la Yglesia titulado de la Natividad de Ntra Sra, la que tiene un altar decente con la imagen de Ntra Sra y otro del Salvador en el camarin superior pero en lo demás necesita repararse, de lo qual ya se trata(Libro 34.8.22, fol. 149).
 
A construción é sinxela realizada en perpiaño irregular, de pranta rectangular, con dúas partes diferenciadas en canto á súa anchura, sendo a cabeceira ou parte correspondente ó presbiterio máis estreita co resto. A porta de acceso sitúase na fachada principal con arco de medio punto adoelado. Esta fachada está dotada dunha cornixa en caveto, sobre a que se sitúa en posición centrada unha pequena espadana para unha campá remata por unha cruz.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
A.H.D.OU.
       Libro 34.8.15
       Libro 34.8.22

volver a búsqueda