Xacemento do Prado / A Cidade / A Cibdá /A finca das señoritas

mapa ficha

Referencia:

030271

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59586898 y: 465178505

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Forxa

Tipoloxía:

Xacementos Arqueolóxicos

Tipo:

Xacementos Indeterminados

Subtipo:

Xacemento Indeterminado

Etapa Histórica:

Indeterminada

Estilo Relevante:

Indeterminado
Xacemento do Prado / A Cidade / A Cibdá /A finca das señoritas

Descrición:

Para chegar ata o xacemento súbese dende A Forxa ata a Torre, unha vez aquí hai que desprazarse de cara o rio Fírbeda que se atravesará a través da chamada "Ponte de Pao". Deixando o río á man dereita empátase cunha rodeira que leva ata o xacemento.
 
 Atopámosnos ante un xacemento de tipoloxía indeterminada situado a media ladeira do monte. Na actualidade estas terras están adicadas a prado, contando todo ó redor o lameiro cun mesto monte. Segundo a ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta, e como se puido comprobar no propio terreo, nada se ve a día de hoxe pola adicación destas terras, o único que chama a atención e a gran pedregosidade que abunda nos arredores.
Este indeterminado asentamento, quizáis garde algún tipo de relación co castro próximo. Un castro que se atopa entre dous concellos, as súas terras pertencen a maior parte a Castelaus (Calvos de Randín) e unha pequena porción a Xocín (A Porqueira). De feito este xacemento está catalogado nos dous concellos, conta con dúas fichas diferentes inda sendo o mesmo ben arqueolóxico. As claves de identificación do castro son as seguintes: GA32062002 / GA32016025. O Castro na zona do concello de A Porqueira os veciños sóeno denominar como "A Cidade", mentres que na parte de Calvos chámanlle "O Coto".
 
Moi preto corre o río Fírbeda coa súa cascada, esto propicia a gran cantidade de mitos e lendas de mouras que persisten no lugar. Algunhas destas lendas que contan veciños dos lugares de A Torre, A Forxa, Xocín, Faramiñás, Faramontaos ou Sabucedo e que tamén se atopan recollidas na ficha do inventario da Xunta son as seguintes:
"Agora está todo cheo de maleza e de bosque pero cando andaba todo ben limpiño sentíase retumbar a auga da cascada aquí en Sabucedo...".
"Na cascada do Fírbeda, ó pé da Cidade, din que aparecía unha moura sempre antes de sair o sol para peitear os seus cabelos dourados, sendo o seu peine tamén de ouro...".
"Entre a Poza do Fírbeda e A Cidade hai un túnel que fura o monte, din que alí na Cidade viviron os mouros...".
 No lugar de Castelaus (Calvos de Randín), tamén se dan lendas en torno ó mesmo complexo, un veciño do pobo chamado Dosindo Sotelo contou que "...os carros ó subir ata "A Cidade", "O Coto" pola carreira que nace por enriba do rio Fírbeda, pasaban sobre unha trabe de ouro agochada polos mouros. A trabe está tan ó ras do camiño que as rodas dos carros vana desgastando...".
 
Na cima do lameiro aínda se pode apreciar unha pequena construción realizada a base de perpiaños irregulares combinados en algúns casos con cahotería. A construcción só conserva as paredes, carece de cuberta.
 
 
DOCUMENTACIÓN:
-Ficha do inventario de xacementos arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Clave de identificación: 32062REF-1.

volver a búsqueda