Muíño 1

mapa ficha

Referencia:

030267

Nomenclator:

3206204

Coord. UTM:

x: 59572600 y: 465251600

Concello:

Porqueira

Parroquia:

PORQUEIRA

Lugar:

Forxa

Tipoloxía:

Arquitectura Civil

Tipo:

Construcións de Transformación

Subtipo:

Muíño

Etapa Histórica:

Idade Moderna

Estilo Relevante:

Popular
Muíño 1

Descrición:

No río Fírbeda, dende a ponte da Forxa ata as cataratas hai un total de 15 muiños. Este corresponderíase co primeiro que nos podemos atopar río arriba.
Presenta pranta rectangular, as paredes están levantadas a base de cachotería con encintado refundido de cemento gris. Cuberta a dúas augas de tella romana.
A porta de acceso alintelada ábrese nun dos lados menores e á súa esquerda un pousafoles. No lintel uns números desgastados parece que nos datan a construcción en 1791.
 
A lovada parte dunha pequena presa que se atopa a uns metros máis arriba e desemboca no cubo. A saida de augas do inferno a día de hoxe está parcialmente enterrada. Consta dun só rodicio.

volver a búsqueda